“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Ampliación do prazo de solicitude de axudas a comunidades de propietarios polos gastos derivados da liberación do segundo Dividendo Dixital.

03/09/2021 – O Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital publicou no BOE o Real Decreto 587/2021, mediante o que se amplía o prazo de solicitude das axudas para compensar o custes derivados das actuacións precisas nas edificacións afectadas pola liberación do segundo Dividendo Dixital.

As comunidades de veciños con instalación de antena colectiva afectadas poderán solicitar ditas axudas realizarase online ata o 31 de outubro de 2021. . Mantéñense o resto de condicións establecidas no Real Decreto 392/2019, do 21 de xuño, no que se regula a concesión directa destas subvencións e a modificacións realizada motivada polo aprazamento na data de liberación do segundo Dividendo Dixital a causa da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Deste xeito, as actuacións subvencionables deben ter rematado antes do 31 de decembro do 2020. Mantense a contía da subvención, que oscila entre 104,3€ e 677,95€, en función dos cambios precisos para a adaptación. Soamente poderán solicitar axudas para as actuacións realizadas por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de asuntos Económicos e Transformación Dixital.

 

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web televisiondigital.ese nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.

Clan SD deixa de emitir na frecuencia do múltiple RGE1

02/03/2021 – A canle infantil de Radiotelevisión Española na súa versión SD, Clan SD, finalizou a súa emisión no múltiple RGE1 o pasado 20 de febreiro. Ata esa data, Clan estaba a emitirse en calidade SD en dúas frecuencias distintas, as correspondentes aos múltiplex RGE1 e RGE2. Na actualidade, a emisión desta canle, tanto con calidade SD coma HD, realízase na súa frecuencia definitiva, a través do RGE2. Neste sentido, Radiotelevisión Española conta con emisións en HD (tamén en SD) de todas as súas canles.

Segundo o Real Decreto 391/2019, de 21 de xuño, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinados aspectos para a liberación do segundo dividendo dixital, no seu artigo 7, establece a data do 1 de xaneiro de 2023 como límite para que todas as canles, calquera que sexa o seu ámbito de cobertura, evolucionen as súas emisións a alta definición.

Para ver a televisión en alta definición, o usuario debe contar cun receptor capaz de recibir e reproducir neste formato, para o cal deben contar cun sintonizador HD (H.264/MPEG-4 AVC). Na actualidade, todos os aparatos receptores de televisión dixital terrestre que se comercialicen en España, deben incorporar o sintonizador para as emisións en alta definición. Os televisores que non dispoñan deste sintonizador, pero dispoñan dunha entrada HDMI, poderán adaptarse mediante un de-codificador externo HD.

Comezo das emisións dunha canle de TDT en ultra alta definición (4K) na cidade da Coruña

14/01/2021 – Radiotelevisión Española comezou as súas emisións de TDT en 4k na cidade da Coruña. Este novo contido de ultra alta definición emitirase pola canle radioeléctrica 21. Trátase dunha canle en probas na que Televisión Española emite programas de produción propia en ultra alta definición, tales como a serie documental de Cidades Españolas Patrimonio da Humanidade, ademais de outros contidos en 4k.

Esta emisión realizase coa modulación DVB-T2 (TDT de segunda xeración), polo que é preciso dispoñer na vivenda dun televisor preparado para o DVB-T2 para poder captar este sinal. Na actualidade, todos os televisores de última xeración(4k) dispoñibles no mercado incorporan un descodificador DVB-T2.

Ademais, cómpre sinalar que no caso de comunidades de veciños con instalación de antena colectiva tamén deberán ter instalado o módulo correspondente á canle 21.

Despois do acendido no ano 2018 da emisión para Santiago de Compostela desta canle, xa son dúas as cidades galegas na que xa está dispoñible a canle TVE 4k.

A resolución e calidade da imaxe en Ultra Alta Definición é superior á alta definición convencional, proporcionando unha maior nitidez na imaxe e unha sensación de maior calidade na percepción do usuario.

RTVE presenta a súa primeira proba piloto de emisión en 8K por TDT

20/10/2020 – RTVE realizará este mércores 21 de outubro a primeira emisión piloto a nivel mundial de sinal de televisión en Ultra Alta Definición (UHD) 8K. Santiago de Compostela será pioneira na visualización de emisións demostrativas de Televisión Dixital Terrestre coa máxima resolución dispoñible.

Para esta primeira emisión organizarase un evento semipresencial, para cumprir coas recomendacións de seguridade derivadas da situación actual de crise sanitaria debido á COVID-19. O Instituto Oficinal de RTVE proporcionará o sinal en streaming para que os asistentes poidan seguir o acto de xeito remoto.

O sinal radiarase desde a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da UPM, nunha canle asignada temporalmente para a realización destas probas. Ademais, tamén se emitirá o sinal de televisión 8K desde varios centros emisores da empresa Cellnex Telecom situados en Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Zaragoza, e tamén desde o emisor situado no monte Pedroso en Santiago de Compostela. O piloto que se vai a poñer en marcha permitirá emitir e recibir un sinal de TDT en Ultra Alta Definición (8K) desde Pedroso pola canle radioeléctrica 33.

Esta proba piloto enmárcase dentro das actividades da Cátedra RTVE na Universidade Politécnica de Madrid e será posible grazas á colaboración dos membros do seu Comité Asesor Tecnolóxico, ao cal pertence a empresa galega Televés Corporación.

Mais información –

https://www.rtve.es/rtve/20201019/rtve-lidera-8k-espana/2046389.shtml

 

Galicia finaliza o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

01/10/2020 – Galicia rematou hoxe os traballos técnicos para deixar libres as frecuencias incluídas no denominado segundo dividendo dixital, proceso que consiste na reorganización e desprazamento das canles de TDT a novas frecuencias, co obxectivo de deixar libre a banda de 700 MHz, na que se despregarán as futuras redes 5G.

Os centros da rede principal de televisión que se apagaron esta madrugada nas provincias de Ourense e Pontevedra estaban emitindo desde febreiro nas antigas e nas novas frecuencias de modo simultáneo, co que se garantiu o mínimo impacto na poboación.

Na provincia de Lugo os traballos xa remataron a principios deste ano, concluíndo os labores técnicos na noite do 10 ao 11 de febreiro.

Polo que respecta á Coruña, esta provincia non está afectada polos axustes derivados do segundo dividendo dixital.

A maiores tamén mudou a frecuencia de emisión do múltiple autonómico noutros 216 centros de extensión de cobertura do sinal de televisión de titularidade municipal.

A partir de hoxe, a emisión da programación da TVG será na canle 25 para Ourense e na 37 para Pontevedra. En Lugo emite na canle 31.

Máis información:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51875/galicia-culminou-con-exito-esta-mana-proceso-liberacion-segundo-dividendo-dixital