Compartir Contido

FacebookMySpaceTwitterDiggDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedin

Artículos

Unha aplicación para Smartphones e Tablets permitirá comunicar incidencias da TDT

22/02/12 - A aplicación iTera, para o seu uso con smartphones e tablets, achega información sobre a cobertura TDT en cada zona do territorio pero ademais permite comunicar incidencias cando así se detecten. O secretario xeral de Medios, Afonso Cabaleiro, presidiu hoxe a presentación deste dispositivo a instaladores de comunicacións, nun acto ao que acudiron tamén o director xerente de Retegal, José Ángel Abeal, e a presidenta da Asociación Galega de Instaladores de Telecomunicacións, Susana Vila.

iTera é unha aplicación de realidade aumentada e aínda que non é a primeira deste tipo si é pioneira en ser gratuíta e pública no vinculado á TDT. Aínda que dirixida a instaladores, tamén a poderán utilizar os cidadáns para determinar o grao de cobertura e as canles que se reciben no lugar en que se atopen.

O sistema require o uso da cámara de fotos, o GPS e a conexión do smartphone para ver na pantalla os centros emisores da TDT con datos técnicos e os cálculos sobre o sinal que achega cada un dos múltiplex dixitais. Segundo informa a Xunta, esta aplicación dá unha información moi precisa sobre a TDT para calquera punto de Galicia.

Ampliar información –

http://www.galiciae.com/nova/152746.html

Fonte –
http://www.galiciae.com/

Ampliar información