Probas da emisión da Televisión Dixital Terrestre a través da tecnoloxía móbil 5G.

13/07/2023:  Entre as opcións de uso da última xeración de redes móbiles, as que emiten con tecnoloxía 5G,  estase a estudar  a posibilidade de ver a Televisión Dixital Terrestre a través dunha conexión 5G, o chamado “5G Broadcast”.

A tecnoloxía 5G facilitará aos radiodifusores a transformación do seu negocio e achegarse ás novas xeracións, altamente conectadas, permitíndolles achegar os seus contidos a calquera dispositivo móbil.

O “5G Broadcast”, non implica recibir a TDT a través de internet, co conseguinte consumo de datos, senón en transmitir directamente a imaxe e o son da Televisión Dixital Terrestre sobre o sinal de telefonía móbil e envialo directamente ao dispositivo móbil, compatible coa tecnoloxía 5G.

Ademais, permite aos radiodifusores interactuar cos espectadores e, sempre que estes teñan a posibilidade de uso de datos no seu dispositivo, poderán acceder a servizos complementarios que ofrezan, como accesos a catálogos baixo demanda, enquisas, sorteos.

Polo de agora en España, so se fixeron emisións en probas da TDT a través do 5G, como a realizada en  febreiro de 2023, durante as celebracións do salón internacional do audiovisual e do Mobile World Congress,  dando cobertura do sinal ao recinto no que se celebran as dúas feiras e transmitindo os contidos proporcionados por RTVE.

Vantaxes do 5G Broadcast:

  • Non xera consumo de datos.
  • Baixo consumo de batería.
  • Non se precisa tarxeta SIM.
  • Goce dos programas de TV desde un dispositivo móbil.
escort bayan ,escort, atasehir escort