Conta atrás para a emisión de todas as canles de TDT en alta definición (HD).

11/07/2023: A publicación do Real Decreto 16/2023, en xaneiro de 2023, fixo oficial a nova data límite para o fin da emisión das canles de TDT en definición estándar (SD), que quedou fixada para o próximo 14 de febreiro de 2024.  Polo que, en 6 meses, a emisión do sinal da TDT deberá ser unicamente en alta definición (HD).

Isto non implica cambios na cobertura actual do sinal de TDT, polo que non haberá que  facer ningunha modificación na instalación receptora do sinal de televisión terrestre nas vivendas. Porén, haberá que ter en conta que para ver a TDT en alta definición necesitase un televisor que sexa compatible coa calidade HD.

Desde decembro de 2010, todos os televisores cunha pantalla de 21 polgadas ou superior postos á venda, deben de estar adaptados para sintonizar as emisións de televisión dixital terrestre en alta definición. Desde marzo de 2020, esta premisa aplica a todos os televisores postos á venda no mercado español.

Os televisores mais antigos, mercados antes de decembro de 2010,  ou os que teñan o logo “HD Ready”, non son compatibles cas especificacións da emisión en alta definición, e deixarán de visualizar as canles de TDT.

A solución para estes casos, pasa por mercar un novo televisor, que obrigatoriamente debe contar cun sintonizador para as emisións en HD, ou facerse cun sintonizador externo que cumpra cas especificacións da televisión en alta definición, e conectalo a través do conector HDMI ao televisor “HD Ready”, ou a través dun dispositivo de conversión, e así facer compatibles os televisores mais antigos coas emisións da TDT en formato HD, aínda que perdendo as vantaxes da resolución de  alta definición.

escort bayan ,escort, atasehir escort