Artículos
ASGECO advirte de que a resintonización de TDT debe ser gratis
04/06/12 - A Asociación Xeral de Consumidores, ASGECO Confederación sinalou que o Goberno "non pode repercutir nos petos dos propietarios e as comunidades de veciños a nova resintonización das antenas da TDT porque é ilegal".
Neste sentido, criticou o anuncio da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a sociedade da Información (SETSI) de que os cidadáns "deberán asumir parte do custo da resintonización das antenas que poida orixinar a recolocación das canles da TDT prevista para antes do próximo ano".
Por iso, ASEGECO afirmou que "está a preparar accións legais e de protesta en caso de confirmarse esta información ante a manifesta ilegalidade da medida", segundo informa a Asociación. Ademais, criticou que "o Goberno continúe tomando decisións de costas a unha cidadanía que se atopa cada día máis presionada economicamente ante o insaciable anhelo do Goberno de reducir o déficit público custe o que custe".
Ampliar información –
http://www.europapress.es/sociedad/consumo-00648/noticia-asgeco-advierte-resintonizacion-tdt-debe-ser-gratis-20120604125343.html
Fonte –
http://www.europapress.es/

