“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Publicación do procedemento e documentación para a solicitude de axudas a comunidades de propietarios polos gastos derivados da liberación do segundo Dividendo Dixital.

20/09/2021 – O 18 de setembro de 2021, publicouse no BOE o extracto da resolución, de 13 de setembro, da dirección xeral da entidade pública empresarial Red.es, pola que se convocan as subvencións en réxime de concesión directa destinadas a compensar os custes derivados da recepción ou acceso aos servizos de comunicación audiovisual televisiva nas edificacións afectadas pola liberación da banda de frecuencias 694-790 MHz (Segundo Dividendo Dixital). Esta convocatoria foi  publicada na Base de Datos Nacional de Subvencións, código 583399.

Na convocatoria, ademais das condicións establecidas no Real Decreto 587/2021 e Real Decreto 392/2019, publícase o procedemento e a documentación precisa para a solicitude das axudas.

Tal e como se indica, as comunidades de propietarios afectadas poderán solicitar ditas axudas online a través do servizo de Red.es, accesible en https://sede.red.gob.es, desde o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOE, cumprimentando o formulario electrónico habilitado e aportando a documentación exixible. Na convocatoria lémbrase que, para poder obter a axuda, as actuacións subvencionables deben ter rematado antes do 31 de decembro do 2020 e ter sido realizadas por empresas instaladoras, tipos “A” ou “F”, rexistradas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións do Ministerio de asuntos Económicos e Transformación Dixital.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2021.

Os cidadáns poderán consultar as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 y 910 889 879.