“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Emisións en Galicia de canles de TDT en ultra alta definición (4K)

28/06/2021 – O pasado mes de xaneiro  creouse a asociación sen ánimo de lucro UHD SPAIN, cuxo obxectivo é levar as emisión da televisión en Ultra Alta Definición (UHD) aos fogares de España, de forma gratuíta.  A asociación conta con diversos grupos de traballo relacionados con todas as fases, desde a captación da imaxes en UHD ata a súa emisión.  A resolución e calidade da imaxe en Ultra Alta Definición é superior á alta definición convencional, proporcionando unha maior nitidez na imaxe e unha sensación de maior calidade na percepción do usuario.

Respecto á emisión da TDT en UHD, esta emisión realizase coa modulación DVB-T2 (TDT de segunda xeración), polo que é preciso dispoñer na vivenda dun televisor preparado para o DVB-T2 para poder captar este sinal. Na actualidade, todos os televisores de última xeración(4k) dispoñibles no mercado incorporan un descodificador DVB-T2. 

Ademais, cómpre sinalar que no caso de comunidades de veciños con instalación de antena colectiva tamén deberán ter instalado o módulo correspondente á canle na que se realiza dita emisión, que no caso da comunidade autónoma galega son as seguintes:

 CIDADE  CANLE
 A Coruña  21
 Santiago de Compostela  33
 Lugo 37
 Ourense  33
 Pontevedra  26

Fonte:

https://www.uhdspain.com/web/wp-content/uploads/2021/06/LISTADO-CANALES-TDT-UHD-SPAIN.pdf