Artículos
FACUA critica que os usuarios paguen a nova resintonización da TDT
20/06/12 - FACUA-Consumidores en Acción criticou o feito de que sexan os cidadáns quen teñan que afrontar o custo da nova resintonización da Televisión Dixital Terrestre (TDT), que terá lugar no outono para deixar espazo á rede móbil 4G con menores axudas das previstas.
A asociación sinala que aínda que o Goberno anterior comprometeuse a asumir este cargo a través dos fondos recolleitos das operadoras na poxa de asignación de frecuencias, "o Executivo de Mariano Rajoy non incluíu a totalidade destas contías nos Orzamentos Xerais do Estado".
Por iso, FACUA advirte de que "agora serán os usuarios os que teñan que afrontar maiores gastos para adaptar as súas instalacións, unha medida que podería evitarse desde un primeiro momento de elixir a banda adecuada para a TDT".
Así mesmo, denuncia que a falta de información durante o primeiro apagamento analóxico "provocou que en moitos casos os instaladores e empresas autorizadas non previsen esta reordenación, polo que os propietarios e comunidades de veciños afectados terán agora que afrontar máis gastos adicionais".
Ampliar información –
http://www.europapress.es/sociedad/consumo-00648/noticia-facua-critica-usuarios-paguen-nueva-resintonizacion-tdt-20120620162811.html
Fonte –
http://www.europapress.es/

