Queda un mes para adaptar as antenas colectivas de TDT en 58 concellos de Lugo

15/01/2020 – O martes 14 de xaneiro celebrouse na cidade de Lugo unha xuntanza entre a Secretaría de Estado para o Avance Dixital (SEAD) e administracións e axentes implicados no proceso de liberación do segundo dividendo dixital.

Nesta reunión, convocada pola SEAD, avaliouse a marcha do proceso a falta dun mes para o cambio definitivo de varias frecuencias de emisión en 58 concellos da provincia de Lugo.

Segundo os datos da SEAD, so o 15,7% dos aproximadamente 8.300 edificios que precisan adaptar as instalacións de antena colectiva para poder recibir as canles nas novas frecuencias de TDT  realizaron dita actuación.  O próximo 11 de febreiro producirase o cese definitivo da emisión nas frecuencias antigas, polo que se non se realiza a adaptación necesaria antes desta data, os cidadáns poderían deixar de ver algunhas canles. Para realizar os cambios as comunidades de propietarios deberán poñerse en contacto con un instalador de telecomunicacións rexistrado no Rexistro de Instaladores de Telecomunicacións da SEAD. Mediante Real Decreto aprobouse a concesión directa de subvencións as comunidades de veciños afectadas. As solicitudes de axudas poderán presentarse online ata o 30 de setembro de 2020.

Independentemente do tipo de vivenda, a partir do 11 de febreiro a poboación dos 58 concellos de Lugo afectados por este proceso que perdan a recepción dalgunha canle deberán resintonizar os seus televisores. A partir do 17 de febreiro comezará o mesmo proceso nos concellos de Lugo que reciben da área xeográfica de Ourense.

Concellos da Area xeográfica de Lugo (finalización do cambio de frecuencias o 11 de febreiro de 2020) 

Abadín.

Guntín.

Portomarín.

Alfoz.

Incio (O).

Quiroga.

Antas de Ulla.

Láncara.

Rábade.

Baleira.

Lourenzá.

Ribadeo.

Baralla.

Lugo.

Ribas de Sil.

Barreiros.

Meira.

Ribeira de Piquín.

Becerreá.

Mondoñedo.

Riotorto.

Begonte.

Monterroso.

Samos.

Burela.

Navia de Suarna.

Sarria.

Castro de Rei.

Negueira de Muñiz.

Taboada.

Castroverde.

Nogais (As).

Trabada.

Cervantes.

Ourol.

Triacastela.

Cervo.

Outeiro de Rei.

Valadouro (O).

Corgo (O).

Palas de Rei.

Vicedo (O).

Cospeito.

Paradela.

Vilalba.

Folgoso do Courel.

Páramo (O).

Viveiro.

Fonsagrada (A).

Pastoriza (A).

Xermade.

Foz.

Pedrafita do Cebreiro.

Xove.

Friol.

Pol.

 

Guitiriz.

Pontenova (A).

 

 

Concellos da Área xeográfica de Ourense (comezo do cambio de frecuencias o 17 de febreiro de 2020)

 Bóveda.

Monforte de Lemos.

Saviñao (O).

Carballedo.

Pantón.

Sober.

Chantada.

Pobra do Brollón (A).

 

Os cidadáns e cidadás poderán consultar todas as súas dúbidas na páxina web http://www.televisiondigital.es/ e nos teléfonos 901 201 004 e 910 889 879.

Fonte:

Ministerio de Política Territorial y Función Pública.

http://www.seat.mpr.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/actualidad/notas_de_prensa/notas/2020/01/2020_01_14_02.html

escort bayan ,escort, atasehir escort