Como vai afectar a Galicia?
En xuño de 2019 publicouse o Real Decreto 391/2019 polo que se aproba o novo Plan Técnico nacional da TDT (PTNTDT) e se regulan determinados aspectos para a liberación do Segundo Dividendo Dixital (2DD).
Este Real Decreto define as Áreas xeográficas nas que se divide o país, en canto ao uso das canles radioeléctricas asignadas aos prestadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva, e identifica os concellos pertencentes a cada área xeográfica.
Ademais, recolle as canles radioeléctricas asignadas aos 8 múltiplex dixitais de cobertura estatal e autonómica, en cada unha das Áreas xeográficas
As áreas xeográficas en Galicia son cinco:
En setembro de 2019 comezaron as novas emisións nos primeiros centros emisores, despregando as novas canles de emisión, e de forma progresiva iranse acendendo as novas canles no resto de centros afectados. Realizarase simulcast (emisións de forma simultánea na nova canle e a antiga) nos centros máis relevantes. Antes do 30 de xuño de 2020 deberá producirse o cesamento das emisións das canles na banda de frecuencias 694-700 MHz (liberación do segundo dividendo dixital).
O calendario estimado por área xeográfica é o seguinte:
CORUÑA NORTE:
- Non se realizarán cambios de canle en ningún dos 8 múltiples de ámbito nacional e autonómico
CORUÑA SUR:
- Non se realizarán cambios de canle en ningún dos 8 múltiples de ámbito nacional e autonómico
LUGO:
- As novas emisións comezan en setembro de 2019:
- Novas canles:
- MPE3: canle 28
- MAUT: canle 31
- MPE1 emitirase na canle 26 e MPE4 emitirase na canle 44 (Swap)
OURENSE:
- As novas emisións comezan no primeiro trimestre de 2020
- Novas canles:
- MPE1: canle 26
- MAUT: canle 25
PONTEVEDRA:
- As novas emisións comezan no primeiro trimestre de 2020
- Novas canles:
- RGE1: canle 24
- MAUT: canle 37
NOTA 1 : Algúns centros emiten en canles alternativas ás indicadas para cada Area Xeográfica, e poden estar afectados igualmente polo 2º Dividendo Dixital.
NOTA 2: Polo 2º Dividendo Dixital tamén se modifican as canles radioeléctricas do Plan Nacional da Televisión Dixital Local. As demarcacións de cobertura local afectadas en Galicia son: