Compartir Contido

FacebookMySpaceTwitterDiggDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedin

Artículos

Industria propón ás privadas que renuncien entre todas a un múltiplex da TDT para aforrar

20/06/12 - O Ministerio de Industria enviou unha carta a todas as televisións privadas na que propón ás cadeas que renuncien entre todas a un multiplex co obxectivo de aforrar parte dos 800 millóns de euros que custa o proceso do 'dividendo dixital', co que se pretende permitir a chegada da telefonía de cuarta xeración, segundo informaron a Europa Press fontes do sector.

Na misiva que recibiron os operadores, proponse que as cadeas reduzan de seis a cinco os múltiplex que utilizan para emitir o sinal das súas canles de televisión. Actualmente, o seis operadores privados (Telecinco, Antena 3, La Sexta, Cuatro, Net TV e VEO) dispoñen dun multiplex cada un no que poden emitir até catro cadeas en versión estándar.

O executivo chegou a propor ás canles unha redución máis drástica, da metade das súas canles, co obxectivo de aforrar a totalidade do custo do 'dividendo dixital', pero ante a negativa das canles, Industria rebaixou a súa petición e propuxo ás cadeas que renuncien a un múltiplex, o que teoricamente permitiría ás privadas manter a súa oferta de canles actual comprimindo aínda máis o sinal.

Adicionalmente, Industria pretende que RTVE renuncie a un dos seus multiplex, concretamente o que actualmente está a ocupar a canle en Alta Definición da pública, e as cadeas autonómicas públicas a outro, co que dos 10 múltiplex que actualmente se utilizan para emitir cadeas de televisión en España via a Televisión Dixital Terrestre (TDT) pasaríase a sete múltiplex.

Ampliar información –
http://www.europapress.es/tv/noticia-industria-propone-privadas-renuncien-todas-multiplex-tdt-ahorrar-20120620174055.html

Fonte –
http://www.europapress.es/