Compartir Contido

FacebookMySpaceTwitterDiggDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedin

Artículos

A Ultra Alta Definición, a próxima tecnoloxía que chegará aos fogares españois, segundo Astra

22/06/12 - Primeiro chegou a Televisión Dixital Terrestre (TDT), que substituíu á televisión analóxica, daquela a Alta Definición, que pode verse tanto na TDT como no satélite ou a través de Internet, e a próxima tecnoloxía será a Ultra Alta Definición (de forma abreviada 4K), ou polo menos iso é o que prevén en SES Astra Ibérica, onde cifraron a chegada desta nova tecnoloxía a España para dentro de dous anos.

A Ultra Alta Definición multiplica por catro a resolución da Alta Definición actual e o sector xa traballa para prepararse á súa chegada. Desde os fabricantes de televisores (que esperan un progresivo descenso do prezo das pantallas similar ao ocorrido coa Alta Definición) até operadores de televisión por satélite ou provedores de contidos, que xa rodan películas con esta calidade.

Esta é unha das conclusións extraídas da intervención do director xeral de SES Astra Ibérica, Luís Sahún, no tradicional Encontro das Telecomunicacións e da Sociedade da Información organizado polo IESE e que este ano celebra o seu XVIII edición. "Hoxe vivimos claramente o gran momento da Alta Definición", declarou Sahún.

Ampliar información –
http://www.europapress.es/sociedad/noticia-ultra-alta-definicion-proxima-tecnologia-llegara-hogares-espanoles-astra-20120622135559.html

Fonte –
http://www.europapress.es/