Preguntas frecuentes

Que é a Alta Definición (HDTV)?

High Definition Television (Televisión de alta definición) ou HDTV, é un formato de televisión dixital que emite os sinais de televisión cunha calidade superior aos sistemas existentes (PAL, NTSC e SECAM).

As emisións de televisión dixital terrestre en alta definición deben cumprir que a súa resolución vertical sexa igual ou superior a 720 liñas activas cunha relación de aspecto 16:9, un sistema de codificación de video H.264/MPEG-4 AVC e un sistema de codificación de audio conforme á norma internacional ITU-R BS.1196-7 e coa norma europea ETSI TS 101 154. O sinal de audio poderá ser estereo ou multicanal 5.1. (segundo o proxecto de Real Decreto polo que se aproba o Plan Técnico da Televisión Dixital Terrestre).

Desde xaneiro de 2011, todos os televisores de mais de 21 polgadas postos á venta deben incorporar sintonizadores para as emisións en alta definición.

escort bayan ,escort, atasehir escort