“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Medios achegou en 2014 un total de 200 axudas para permitir a recepción da TDT vía satélite en fogares do noso rural

10/12/14 - O Goberno galego vén de facer reconto das axudas que ten dispoñibilizado para facilitar a recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre naquelas zonas de máis complexa cobertura a través das tecnoloxías comunmente empregadas noutras áreas.Falamos das subvencións para a adquisición de equipamentos destinados á recepción da TDT mediante satélite en familias que residan en contornas de sombra dixital (zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia), unha liña de axudas que se saldou no exercicio 2014 nun total de 200 achegas. O investimento subvencionado total foi de 59.795,67 euros. O departamento responsábel desta iniciativa foi a Secretaría Xeral de Medios.

A axuda, informa o Goberno galego, foi tramitada directamente a través de empresas instaladoras de telecomunicacións autorizadas, que colaboran coa Xunta realizando as xestións para os fogares que precisen das achegas. A subvención consiste no desconto na factura, por parte das empresas colaboradoras, de ata 300 euros no material subministrado, incluído o IVE. Neste material, explican o Executivo autonómico, “inclúese todo o preciso para a recepción do servizo, antenas, cables, conectores e o receptor de TDT a través de satélite”.

Lembrar que o Plan de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS) en Galicia, é unha iniciativa coordinada pola Consellería de Medio Rural e do Mar, a través da axencia AGADER, co apoio e a colaboración económica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que achega o 50% do financiamento deste proxecto. O outro 50 % é sufragado pola Xunta de Galicia, neste caso a través dos orzamentos da Secretaría Xeral de Medios. Para ter acceso a estas axudas é necesario que as familias que as soliciten non teñan acceso a Televisión Dixital Terrestre e que residan nos concellos do interior de Lugo e de Ourense clasificados de primeiro nivel dentro do PDRS.

Ampliar información –
http://codigocero.com/Medios-achegou-en-2014-un-total-de

Fonte –
http://codigocero.com/