Compartir Contido

FacebookMySpaceTwitterDiggDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedin

Artículos

Competencia autoriza con condicións a fusión entre Antena 3 e La Sexta

13/07/12 - Un si, pero con peros. Como xa ocorreu co proceso entre Telecinco e Cuatro. A Comisión Nacional da Competencia (CNC) autorizou a adquisición por parte de Antena 3 da Sexta, pero sempre que cumpra unha serie de condicións, que a xuízo do regulardor "garantan o mantemento da competencia".

De feito, o comunicado da CNC sobre esta operación respecto da de Telecinco-Cuatro establece uns criterios máis restritivos no ámbito do mercado de publicidade televisiva. Ao feito compartido en ambos os procesos de non poder vender nun mesmo paquete comercial a publicidade das dúas canles de maior audiencia e a imposibilidade de desenvolver políticas comerciais que supoñan a imposición duns produtos publicitarios sobre outros; a CNC engade no caso de Antena3-A Sexta outros puntos de control, como o feito de que Antena 3 deberá publicar cunha periodicidade mínima trimestral a súa oferta de produtos publicitarios.

Outra das condicións impostas a Antena 3 e que non se recolleu no caso de Telecinco é que Antena3-A Sexta "non poderá condicionar as ofertas comerciais aos anunciantes ou axencias á garantía de contratación dunha cota mínima de investimento ou de GRP's".

Ampliar información –
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/13/comunicacion/1342186041.html

Fonte –
http://www.elmundo.es/