Preguntas frecuentes

Que é o dividendo dixital?

O Dividendo Dixital é o proceso que consiste na reorganización dalgunhas canles nas que se está a emitir na actualidade a televisión dixital para deixar libre una banda de frecuencias, necesaria para os novos servizos de banda larga.

Durante os anos 2014 e 2015 tivo lugar o proceso de liberación do 1º Dividendo Dixital, polo cal se deixou libre de emisión do sinal de televisión a banda de 800MHz (banda de frecuencias 790-862 MHz). O proceso rematou o 1 de xaneiro de 2015 , prazo máximo establecido pola decisión da Unión Europea COM (210 471 Final).

Durante os anos 2019 e 2020 vaise levar a cabo o proceso de liberación do 2º Dividendo Dixital. Desta vez, a banda a deixar libre é a de 700MHz (banda de frecuencias 694-790 MHz). Segundo a Decisión (UE) 2017/899 do Parlamento Europeo e do Consello, este proceso debe rematar a máis tardar o 30 de xuño de 2020.

escort bayan ,escort, atasehir escort