“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

UGT pide que o gasto pola resintonización da TDT corra a cargo do Estado

25/08/14 – O sindicato UGT pediu ao Goberno que habilite unha partida orzamentaria para subvencionar os custos asociados á resintonización das novas canles da Televisión Dixital Terretre (TDT) tras o proceso do dividendo dixital, que permitirá deixar libre as frecuencias de 800 MHz ocupadas polas televisións para comunicacións móbiles, algo que o ministro de Industria, José Manuel Soria, estimou en 250 millóns de euros.

O sindicato lembra que o custo deste proceso, que os instaladores cuantifican en 23 euros por fogar, estaba previsto que se subvencionase cos fondos provenientes da poxa realizada en 2011, "pero esta previsión finalmente non se cumprirá xa que, renunciando de maneira inesperada e inxustificada á súa idea orixinal, o Goberno preferiu que sexan os propios cidadáns quen asuman o gasto", criticou o sindicato.

UGT lamentou ademais que na actual redacción do proxecto de real decreto polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT pérdese unha ocasión "única" para adiantar o segundo dividendo dixital, que permitirá a explotación da banda de 700 MHz para o uso móbil, o que fomentaría a creación de emprego e o crecemento económico.

UGT cuantifica que esta proposta multiplicaría por 1,3 a xeración de emprego e incrementaría até un case un 5% a achega ao PIB.

Ampliar información –
http://www.publico.es/dinero/540470/ugt-pide-que-el-gasto-por-la-resintonizacion-de-la-tdt-corra-a-cargo-del-estado

Fonte –
http://www.publico.es/