“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A Xunta instalará unha nova torre e realizará melloras no centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e de Coirós reciban un mellor sinal de TDT

09/11/13 - A Xunta de Galicia instalará o vindeiro luns, 11 de novembro, unha nova torre de soporte e mellorará o equipamento do centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e do de Coirós reciban con maior calidade o sinal de TDT. Para acometer estas obras, o Goberno galego investirá un total de 50.000 euros.

A nova torre, de 30 metros de altura, permitirá solucionar os problemas de cobertura de TDT detectados ata o momento nestas localidades, que afectaban a todas as canles, a excepción de Televisión Española.

Durante a realización dos traballos de levantamento da torre e traslado e instalación do equipamento na nova ubicación, producirase un corte na emisión de todas as canles de televisión, agás TVE, que se están a emitir actualmente desde o centro. Está previsto que dito corte comece o luns 11 ás 12:00 horas e se prolongue ata o martes 12 ás 18:00 horas. A maiores, producirase un cambio na frecuencia de emisión do múltiple autonómico que pasará a emitir na canle 58 e que afectará á emisión dos programas TVG, TVG2 e VTelevisión.

Para poder sintonizar as canles que ofrece a TDT, os interesados deben, en primeiro lugar, dispoñer da cobertura deste centro, podendo confirmar tanto o centro servidor correspondente a cada zona como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154-, ou na web da Oficina Técnica da TDT -www.tdtgalicia.es-.

Unha vez rematados os traballos, para poder visualizar os programas da TVG, TVG2 e de V Televisión, basta con realizar unha busca na canle 58 no televisor/sintonizador. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.


As entidades de poboación afectadas polo corte e o cambio de frecuencia son:

oza

 

Acceso á nota de prensa completa:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3777/xunta-instalara-unha-nova-torre-realizara-melloras-centro-emisor-oza-cesuras