A Xunta realiza o cambio de frecuencia necesario para que preto de 500 veciños de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico

06/11/13 - A Xunta de Galicia realizou hoxe as melloras técnicas necesarias para que preto de 500 veciños do concello pontevedrés de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico. Por mor dos axustes operados no concello de Crecente, durante o día de hoxe se procedeu ao cambio da frecuencia de emisión do múltiple autonómico á canle 40, que afecta ás cadeas TVG, TVG2 e V Televisión.

Este proceso afectará exclusivamente aos veciños de 23 aldeas, situadas nas parroquias de Crecente, Vilar e Albeos (que figuran na relación adxunta), que deberán resintonizar os seus aparellos receptores de TDT.

Para poder recibir correctamente as canles que ofrece a TDT, os interesados deben:

1.- En primeiro lugar, dispoñer da cobertura deste centro, podendo confirmar tanto o centro correspondente a cada zona como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154-, ou na web da Oficina Técnica da TDT – www.tdtgalicia.es-.

2.- Revisar a instalación da antena de recepción, se fose necesario, a través dun instalador autorizado, apuntando a antena na dirección do centro emisor de Albeos, no Coto da Cruz.

3.- A continuación, bastará con iniciar o proceso de resintonización no menú de configuración ou instalación dos receptores de TDT.

Aldeas afectadas polo cambio de frecuencia en Crecente:

 Parroquia

Nome Entidade

Poboación Entidade

ALBEOS (SAN XOÁN)

A BOAVISTA

33

ALBEOS (SAN XOÁN)

A CARREIRA

24

ALBEOS (SAN XOÁN)

A PORTELA

5

ALBEOS (SAN XOÁN)

AS CHANS

27

ALBEOS (SAN XOÁN)

CAMÁN

11

ALBEOS (SAN XOÁN)

O RODO

22

CRECENTE (SAN PEDRO)

MONTECELO

25

CRECENTE (SAN PEDRO)

OS FERNÁNDEZ

23

CRECENTE (SAN PEDRO)

A SERRA

46

VILAR (SAN XORXE)

A CARREIRA

22

VILAR (SAN XORXE)

A NOGUEIRA

20

VILAR (SAN XORXE)

A PEDRABRANCA

4

VILAR (SAN XORXE)

A PENAGRANDE

14

VILAR (SAN XORXE)

A PORTELA

16

VILAR (SAN XORXE)

A SERRA

11

VILAR (SAN XORXE)

AS CAVADAS

9

VILAR (SAN XORXE)

AS QUINTAS

24

VILAR (SAN XORXE)

GARABELOS

8

VILAR (SAN XORXE)

MANDELOS

60

VILAR (SAN XORXE)

O MOUCHO

16

VILAR (SAN XORXE)

O OUTEIRO

2

VILAR (SAN XORXE)

O PAZO

10

VILAR (SAN XORXE)

PRADO

10

 

 

Acceso á nota de prensa:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3732/xunta-realiza-cambio-frecuencia-necesario-para-que-preto-500-vecinos-crecente

 

 

escort bayan ,escort, atasehir escort