“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Televés achegará tecnoloxía de seu para optimizar a calidade da TDT ante o espallamento da 4G en Reino Unido

17/04/13 - A filial británica de Televés, Televes Corporation UK, é unha das compañías elixidas para fornecer filtros RF de alta calidade á marca local AT800 co obxectivo de mitigar potenciais interferencias das emisións da cuarta xeración de telefonía móbil (4G) na televisión dixital terrestre (TDT). Lembrar que AT800 é propiedade de Digital Mobile Services Limited (DMSL), a organización responsábel de asegurar que os espectadores británicos sigan a recibir o sinal da TDT en perfectas condicións unha vez que os servizos móbiles 4G sexan lanzados leste mesmo ano, empregando para iso a banda dos 800 MHz.

Ofcom, o regulador independente e autoridade da competencia da industria británica das comunicacións, estimou que como máximo o 10% dos fogares británicos necesitará complementar o seu equipo de recepción para asegurarse a calidade do sinal de televisión cando os servizos 4G estean operativos.

Ampliar información –
http://codigocero.com/Televes-achegara-tecnoloxia-de-seu

Fonte –
http://codigocero.com/