Compartir Contido

FacebookMySpaceTwitterDiggDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedin

Artículos

A TVG convértese en plataforma híbrida de contidos

28/12/11 - A fusión da televisión e a Internet está cada día máis preto. Dende este martes 27, a Televisión de Galicia incorporouse ao selecto club de canles que ofrecen unha plataforma híbrida de contidos. O usuario, en virtude destas novidades, poderá elixir os contidos que desexe e que están dispoñibles no chamado sistema HbbTV, máis coñecido como televisión híbrida. Trátase, máis polo miúdo, dun novo estándar de televisión baixo demanda combinado con servizos de radiodifusión e banda larga.

Estamos polo tanto ante un estándar multiplataforma, independente dos fabricantes dos televisores ou receptores, e que permitiría, entre outras cousas, proporcionarlles aos televidentes o acceso a contidos interactivos e baixo demanda, en definitiva a televisión á carta.

A primeira zona de Galicia en dispor desta tecnoloxía é a comarca de Santiago, que desde onte conta xa con programas de series emitidas pola TVG e do seu portal web.

A nivel estatal e polo de agora, segundo informan fontes da corporación, unicamente media ducia de canles ofrecen esta posibilidade técnica, posibilidade que se ve limitada pola carestía dos aparellos que a ofrecen e que se achegan aos 3.000 euros.

Ampliar información –
http://codigocero.com/A-TVG-convertese-en-plataforma

Fonte –

http://codigocero.com/