“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Lexislación

Ámbito galego

  • Lei 6/1999, do 1 de setembro, do audiovisual de Galicia.
  • Decreto 81/2005, de 14 de abril, polo que se regula o réxime xurídico da xestión do servizo público de televisión dixital de ámbito autonómico e local na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Resolución do 2 de xuño de 2010 (DOGA 8 de Xuño 2010), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en especie consistentes na entrega do equipamento necesario para garantirlles aos fogares galegos dos colectivos en risco de exclusión social a recepción das canles da TDT a través do satélite.

Ámbito nacional

  • Real Decreto-Lei 1/98, de 27 de Febreiro, de Infraestruturas Comúns nos Edificios para o acceso aos Servizos de Telecomunicacións.
  • Lei 62/2003, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que ampliaba o prazo do apagamento na televisión local ao 1 de xaneiro de 2006, e regula as obrigacións de programación e as limitacións á emisión en cadea das emisoras locais.
  • Real Decreto 439/2004, de 12 de marzo, polo que se aprobaba o Plan Técnico Nacional de Televisión Dixital Local.
  • Real Decreto 2268/2004, que modifica o Plan Técnico Nacional de Televisión Dixital Local, aumentando o número de demarcacións e aprazando, ata o 1 de xaneiro de 2008, a obriga das televisións locais de emitir soamente con tecnoloxía dixital.
  • Orde ITC/2476/2005, pola que se aprobaba o Regulamento técnico e de prestación do servizo de televisión dixital terrestre.
  • Real Decreto 920/2006, de 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de prestación do servizo de difusión de radio e televisión por cable.
  • Orde ITC/2212/2007, de 12 de xullo, pola que se establecen obrigas e requisitos para os xestores de múltiples dixitais da televisión dixital terrestre e pola que se crea e regula o rexistro de parámetros de información dos servizos de televisión dixital terrestre.
  • Lei 7/2010, de 31 de Marzo, Xeral de Comunicación Audiovisual.
  • Real Decreto 691/2010, de 20 de Maio, polo que se regula a Televisión Dixital Terrestre en Alta Definición.
  • Orde ITC/99/2011, de 28 de Xaneiro, pola que se determina a data de execución da reordenación de canles de televisión dixital terrestre prevista no momento do tránsito entre as etapas 1 e 2 da fase 1 do proceso establecido no Real Decreto 365/2010, de 26 de marzo.
  • Real Decreto 169/2011, de 11 de febrero, polo que se modifican o Real Decreto 365/2010, de 26 de marzo, polo que se regula a asignación dos múltiples da Televisión Dixital Terrestre tralo cesamento das emisións de televisión terrestre con tecnoloxía analóxica e o Real Decreto 691/2010, de 20 de maio, polo que se regula a Televisión Dixital Terrestre en alta definición.
  • Real Decreto 346/2011, de 11 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicacións no interior das edificacións.
  • Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións.
  • Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinados aspectos para a liberación do dividendo dixital.

Para máis información sobre lexislación asociada á TDT, pode consultar o buscador de lexislación da páxina web do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio:

 

Buscador lexislación do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio

 

Buscador do DOG