Compartir Contido

FacebookMySpaceTwitterDiggDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedin

Artículos

Os veciños de Boiro, Rianxo e Ribeira terán acceso a novas canles de TDT

26/09/11 - A realización dunha mellora no centro emisor de televisión do monte A Curota permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 6.300 persoas de diversos municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. Entre os beneficiados atópanse cidadáns dos municipios de Boiro, Rianxo e Ribeira.

Segundo a información facilitada pola Xunta de Galicia, hoxe mesmo poranse en funcionamento os novos múltiplex de TDT no centro emisor da Curota. Os beneficiados poderán gozar de quince novas canles. Para poder acceder a eles, os usuarios deberán dispor, en primeiro lugar, da cobertura adecuada, un aspecto que poden confirmar vía telefónica, a través do 981 572 154, ou na páxina web www.tdtgalicia.es.

A continuación, bastará con realizar unha procura de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Ademais, para ver as canles que emiten en alta definición é necesario dispor dun receptor con sintonizador de HDTV.

Esta actuación no emisor da Curota forma parte dun plan que en breve afectará a 67 centros.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/09/26/0003_201109C26C2995.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/