Logo Xunta
Logo Xacobeo Oficina Técnica da TDT de Galicia
Logo FEDER

“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Artículos

iTera

itera2

iTera é unha aplicación para teléfonos móbiles de nova xeración (smartphones) e tablets, que utiliza a realidade aumentada para  amosar ao usuario, en base ao seu emprazamento, información sobre a cobertura de TDT. Para isto superpón a información dos centros de difusión sobre a visión do mundo real que o usuario ten desde a cámara do seu dispositivo móbil.

A Realidade aumentada agrega información ao que estamos vendo, e baséase no uso do compás e o GPS do dispositivo móbil, polo que estes elementos son imprescindibles para poder utilizala. Para acceder á información ofrecida por iTera deberase dispor dunha conexión de datos.

Para a realización de iTera utilizouse o navegador móbil de Realidade Aumentada de Junaio da empresa Metaio, Inc, que é compatible cos dispositivos móbiles que utilizan sistema operativo Android, versión 2.1 ou superior, de Google ou iOS, versión 4.0 ou superior, de Apple. Este navegador baséase no uso gratuíto das súas canles de información.

Para a utilización desta aplicación é necesario dispoñer dos seguintes elementos:

  1. Un dispositivo móbil con capacidade para ler imaxes (cámara incorporada), GPS e conexión de datos.
  2. Ter un software determinado instalado no dispositivo.

Para descargar o manual desta aplicación prema aquí.

No seguinte video demostrativo amósase o funcionamento desta ferramenta: