Qué é a TDT?

Qué é a TDT

A Televisión Dixital Terrestre (TDT) é unha nova tecnoloxía para difundir sinais de televisión que proximamente substituirá por completo á televisión analóxica convencional. Así pois, durante os próximos anos desenvolverase un plan de transición progresivo cara á tecnoloxía dixital que culminará o 3 de abril de 2010 co cesamento das emisións en analóxico.

En TDT, as transmisións de imaxe e son realízanse en tecnoloxía dixital, o que permite un incremento do número de canles de televisión, unha mellor calidade e a posibilidade de incorporar servizos interactivos que outorgan aos espectadores a capacidade de constituírse como un elemento activo dentro do mundo audiovisual.

Actualmente, xa existe unha ampla oferta de canles e servizos de TDT con máis de 20 canles de carácter nacional, e outros moitos autonómicos e locais, que se ampliará progresivamente con novas canles, ata completar a oferta de TDT tras o apagado analóxico.

A Televisión Dixital Terrestre representa a televisión do futuro e os seus beneficios xa están dispoñibles, polo tanto é conveniente adaptarse o máis rápido para poder beneficiarse das vantaxes que achega.