Novas
Máis de 457.000 galegos xa se incorporaron á Televisión Dixital Terrestre
Mar, 26/01/2010 - 20:3926/01/10 - A día de hoxe son xa máis de 457.000 os galegos que teñen acceso único á televisión dixital terrestre, logo de que este martes se sumasen outros 18 concellos de Ourense e do sur da provincia de Lugo e outras 51.600 novas persoas a esta tecnoloxía.
Para máis información consulte o seguinte documento:
Máis de 56.000 habitantes de 13 municipios da área técnica de Ares incorporáronse este luns á Television Dixital Terrestre
Mar, 26/01/2010 - 17:4925/01/10 - Hoxe producíronse os ceses analóxicos nos centros de Oza dos Ríos, Aranga, Betanzos, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, pertencentes á área técnica de Ares. Con eles, iniciáronse os apagados que terán lugar esta semana, correspondentes ás fases I e II de implantación da televisión dixital terrestre que están a levar a cabo a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Medios, e o Goberno central.
Máis información:
O luns día 25 continuarán os apagados analóxicos na Comunidade, retomándose en 5 centros e en 13 concellos
Mar, 26/01/2010 - 17:4323/01/10 - O vindeiro luns, día 25 retomaranse os apagados analóxicos que se están a producir na comunidade galega dentro do proceso de implantación da televisión dixital terrestre que está a levar a cabo o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración co Goberno central.
Máis información:
37 novos centros emisores na área técnica de Ares garantirán a cobertura da TDT
Lun, 30/11/2009 - 10:4524/11/09 - Alfonso Cabaleiro Duran, secretario xeral de Medios, adiantou hoxe que a Xunta porá en marcha 37 novos centros emisores de TDT para garantir a cobertura na Área Técnica de Ares. Explicou que a implantación da TDT será do 100% na primeira quincena de xaneiro, e asegurou que a instalación destes novos emisores farase a un ritmo de 7 ou 8 por semana cun investimento total de 1.500.000 euros.
Cabaleiro avanzou na Delegación da Xunta da Coruña o contido do Plan de transición da Área Técnica de Ares, explicou que o traballo avanza «a bo ritmo», xa que están instalados xa os primeiros equipos: San Jorge, (Ferrol), e Doroña, (Vilamaior), e o calendario de acendidos seguirá «esta semana» coas estacións de Oza do Ríos, Igrexa e Ombre (Pontedeume), e As Somozas.
Ampliar información -
http://codigocero.com/37-novos-centros-emisores-na-area
Fonte –
http://codigocero.com/