Novas
Os colectivos en risco de exclusión poden pedir axudas para receptores de TDT en zonas de sombra
Xov, 24/06/2010 - 20:5312/06/10 - A concellaría de Servizos Sociais de Vilagarcía informa sobre as axudas que acaba de convocar a Secretaría Xeral de Medios da Xunta para garantir aos colectivos en risco de exclusión residentes en zonas de sombra a sintonización das canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT).
As persoas que reúnan os requisitos da convocatoria dispoñen de prazo ata o 31 de xullo para solicitar as axudas que se materializarán na entrega dos equipos e sistemas para a recepción vía satélite do sinal da TDT e para a instalación dos mesmos.
Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/06/12/0003_8544318.htm
Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/
A calor rebélase contra a TDT
Xov, 24/06/2010 - 20:4611/06/10 - O secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, anunciou no Senado que o Ministerio de Industria xa se puxo mans á obra para arranxar estes problemas, que dixo que se produciron polo menos en localidades de Valencia, Málaga e Cádiz. O «fading» afecta a todas as transmisións radioeléctricas, pero de maneira acusada á TDT, xa que pode chegar a cortar completamente a emisión, en lugar do que pasaba co sinal analóxico, que podía verse afectada por dobre imaxe ou néboa na pantalla.
Nestes casos, os técnicos de Industria recorren ao cambio de frecuencias nos municipios afectados, segundo explicaron a Servimedia fontes do departamento que dirixe Miguel Sebastián. Ros asegurou que as poboacións afectadas estes días por tal circunstancia «están ben identificadas», a solución «está en curso e podería chegar nos próximos días». O secretario de Estado quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade sobre os problemas de recepción da TDT que se poidan estar a atopar aínda os cidadáns no conxunto do país, e que subliñou que só constitúen o 4,1% das queixas relacionadas coa TDT. "A televisión analóxica tardouse 50 anos en axustar finamente. Coa TDT imos facelo moito máis rapidamente", confiou.
Ampliar información –
http://www.abc.es/20100611/medios-redes/fallos-201006110153.html
Fonte –
http://www.abc.es/
A Xunta convoca axudas para acceder á TDT en zonas de sombra a través de satélite
Mér, 16/06/2010 - 15:1409/06/10 - A Xunta convocou unha serie de axudas para que os colectivos en risco de exclusión social que carezan de cobertura de sinal dixital terrestre por residir nunha zona de sombra poidan acceder á TDT a través de satélite. Os beneficiarios destas axudas recibirán o equipamento de recepción preciso para ver a televisión dixital terrestre vía satélite.
O equipamento constará dunha antena parabólica, LNB, cable, conversor, conectores, soporte e un equipo de recepción capaz de decodificar o sinal e universalizar o novo servizo de televisión.
Poderán acceder as persoas maiores de 65 anos cuxa dependencia recoñecida sexa de grao II ou III, a poboación con discapacidade auditiva ou visual do 33% e os maiores de 80 anos que vivan sos ou en compañía doutra persoa que pase a mesma franxa de idade. Os interesados deberán presentar unha solicitude dirixida á Secretaría Xeral de Medios. O prazo finalizará o próximo 31 de xullo.
Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2010/06/09/0003_8537117.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/
A Xunta convoca axudas para a TDT SAT
Mér, 16/06/2010 - 15:1108/06/10 - O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para que os colectivos en risco de exclusión social que carezan de cobertura de sinal dixital terrestre, por residiren nunha zona de sombra, poidan acceder á TDT a través do satélite. Os cidadáns que resulten beneficiarios destas axudas recibirán o equipamento de recepción preciso para ver a TDT satelital.
A Secretaría Xeral de Medios pon en marcha esta campaña de axudas consciente de que nas zonas onde a TDT non conta coa cobertura suficiente, a adaptación do sinal pode ser máis custosa para aquelas persoas que non contan cos recursos económicos suficientes ou se atopan en risco de exclusión social. Por iso, a Xunta considera necesario incrementar os esforzos dirixidos a evitar que os colectivos máis febles teñan que asumir custos excesivos derivados deste proceso tecnolóxico.
Ampliar información –
http://codigocero.com/A-Xunta-convoca-axudas-para-a-TDT
Fonte –
http://codigocero.com/