Novas
O Goberno aproba a asignación dun múltiple a cada concesionario de TDT
Mar, 20/07/2010 - 20:0917/07/10 - O Consello de Ministros aprobou onte un acordo polo que se asigna un múltiple dixital de cobertura estatal a cada unha das sociedades concesionarias do servizo de TDT de ámbito nacional (Antena 3, Gestevisión Telecinco, Sogecable, Vexo Televisión, NET TV e A Sexta).
O múltiple dixital está integrado por catro canles dixitais de televisión susceptibles de ser explotados as 24 horas do día.
Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, sinalou que se trata dos múltiples que xa estaban dentro do plan da concesión.
Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2010/07/17/0003_8614916.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/
O espectro liberado pola TDT podería estar operativo no 2013
Mar, 20/07/2010 - 20:0717/07/10 - Non todas as novas frecuencias que o Goberno adxudique o próximo ano, ben sexa mediante concurso ou mediante poxa, estarán dispoñibles de inmediato. é o caso do coñecido como dividendo dixital, a banda que se libera pola compresión do sinal de televisión coa TDT e que, segundo o último anuncio do Goberno, podería estar operativo dous anos antes do previsto, no 2013.
Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/07/17/0003_8615102.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/
Emendan os problemas de recepción de canles de TDT na Estrada causados polas tormentas
Mar, 20/07/2010 - 20:0516/07/10 - O edil de Cultura da Estrada, Manuel Sanmartín, confirmou onte que na tarde do luns quedaron emendados os problemas de recepción de canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT) ocasionados polas tormentas da pasada semana a domicilios do sur da vila así como de Arca, Codeseda e Liripio como consecuencia dos efectos nocivos da descarga eléctrica nos repetidores emprazados en Codeseda, Liripio e Ouzande.
Segundo explicou, o sinal de TDT nesas zonas restableceuse despois de que empregados de dúas empresas ás que a Xunta encargou no seu día a instalación dos equipamentos precisos para garantir a cobertura de TDT desprazásense até os lugares afectados e liquidasen os problemas técnicos causados. Previamente, Sanmartín avisara a unha das firmas e tamén á Xunta para que enviase á segunda empresa.
Ampliar información –
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2010/07/16/subsanan-problemas-recepcion-canales-tdt-causados-tormentas/456430.html
Fonte –
http://www.farodevigo.es/
O Goberno gastará 150 millóns en volver a sintonizar as canles de TDT
Mar, 20/07/2010 - 20:0112/07/10 - Os antenistas freganse as mans coa Televisión Dixital Terrestre (TDT). Antes de maio de 2011, máis de medio millón de comunidades de veciños terán que volver a sintonizar as súas antenas colectivas de televisión.
Non terán máis remedio se queren recibir correctamente o sinal dixital das principais cadeas de televisión. Segundo explican fontes do sector, o custo aproximado na contratación dos servizos das empresas instaladoras de telecomunicacións superará os 150 millóns de euros en todo o país.
Ampliar información –
http://www.eleconomista.es/espana/noticias/2303491/07/10/El-Gobierno-gastara-150-millones-en-volver-a-sintonizar-los-canales-de-TDT.html
Fonte –
http://www.eleconomista.es/