¿Qué é a TDT?
A TDT é a evolución da actual televisión convencional que pasa de ser analóxica a dixital o que permitiría ver un maior número de canles cunha maior calidade tanto de imaxe como de son e dispor de novos servizos avanzados (EPG, Teletexto dixital, contidos interactivos, etc). Actualmente, xa existe unha ampla oferta de canles e servizos de TDT de carácter nacional, autonómico e local, que se ampliará progresivamente con novas canles, ata completar a oferta de TDT tras o apagado analóxico. Existen plans similares noutros países da Unión Europea co obxectivo de proceder á total dixitalización da difusión de televisión. Coñece outros sistemas de televisión