¿Qué é a televisión analóxica?

A televisión analóxica é o sistema tradicional de televisión que utiliza ondas magnéticas para transmitir e mostrar imaxes e sons. É o sistema que se veu empregando desde o inicio das emisións de televisión. Nestes momentos atopámonos nun período de transición, no que coexisten tanto emisións en analóxico como en dixital. A transmisión analóxica continuará ata o 3 de abril de 2010, data prevista para o cesamento das emisións en analóxico, tamén denominado “apagamento analóxico”. A partir dese momento só se emitirá en dixital.