Glosario
a | b | c | d | e | f | g | h | i | j | k | l | m | n | o | p | q | r | s | t | u | v | w | x | y | z | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9
- Analóxico
- Sistema de transmisión dun sinal que varía de forma continua. Contraponse a dixital que transmite sinais binarias (0 e 1).
- Ancho de banda
- Cantidade de datos que se poden transmitir nunha unidade de tempo.
- Antena comunitaria
- Sistema de recepción do sinal de televisión no que unha única antena recibe o sinal que se distribuirá a un conxunto de vivendas.
- Canle de retorno
- O que permite a comunicación do usuario co operador para poder facer uso de certos servizos interactivos
- Cobertura
- Ámbito xeográfico no que poden recibirse os sinais correspondentes. No caso da TDT local, a cobertura vén determinada polo ámbito especificado para cada demarcación no Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Local.
- Compresión
- Consiste na redución do volume de información a tratar.
- Dixital
- Dise que un sinal é dixital cando as magnitudes da mesma represéntanse mediante valores discretos en lugar de variables continuas. Os datos dixitais represéntanse como unha cadea de 0 e 1, denominados bits.
- Dixitalizar
- Converter sinais analóxicos en dixitais.
- DVB
- (Dixital Video Broadcasting): Organización que promove estándares de televisión dixital aceptados internacionalmente.
- EPG
- Electronic Program Guide (EPG, guía electrónica de programas): Guía en pantalla que informa dos programas e que orienta ao usuario no momento de seleccionar un programa.
- ICT
- (Infraestrutura Común de Telecomunicacións): As Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións permiten aos residentes dun conxunto de vivendas acceder aos servizos de telecomunicacion (radio e televisión, telefonía e datos).
- MHP
- (multimedia home platform): Plataforma para a execución de aplicacións interactivas nos receptores de televisión dixital.
- Múltiplex
- Canle que permite albergar varios programas dixitais de televisión (polo menos 4) e outros servizos dixitais (radio, datos, etc...).
- Receptor dixital terrestre
- Equipo doméstico utilizado na recepción e decodificación de sinais de TDT. Pode estar integrado no televisor (IRD, integrated receiver decoder), ou ser un elemento externo (STB, Set Top Box)
- Reemisor
- Conxunto de aparellos que reciben e remiten o programa difundido por outro emisor de radiodifusión.
- Servizos Interactivos
- Contidos nos que o televidente a través do seu mando a distancia pode participar achegando, modificando ou elixindo o contido final.
- TDT
- Plataforma de televisión dixital cuxa transmisión se realiza por sistemas de radiodifusión terrestres.
- 16:9
- Forma de expresar a relación de aspecto dos televisores panorámicos.
a
c
d
e
i
m
r
s
t
1