Destacados

3ª Xornada formativa sobre TDT Satélite para instaladores tipo A de Galicia

O obxecto da xornada é dar a coñecer aos instaladores o procedemento de instalación de receptores satélite de televisión dixital en zonas sen cobertura terrestre. Esta formación é un dos requisitos imprescindibles para poder ser distribuidor autorizado de SAT-TDT, e será impartida por persoal técnico das empresas Abertis Telecom e Televés. Entregarase un certificado de asistencia.

É necesario reservar praza chamando ao número de teléfono da Oficina Técnica da TDT de Galicia, 981572154. O número de prazas é limitado.

Data e hora: 12 de Febreiro de 2010, de 10h a 13h.

Máis información:

O VINDEIRO LUNS COMEZARÁ O ACENDIDO DIXITAL NAS ÁREAS TÉCNICAS DE OURENSE LESTE, SANTIAGO, MEDA E ARES

O acendido correspondente ás fases I e II farase de xeito gradual e prolongarase ata o vindeiro 1 de febreiro.

Este primeiro proceso beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén beneficiará a municipios de Lugo e Pontevedra.

Para máis información consulte o seguinte documento adxunto:

Cambio de canle para o múltiple autonómico no centro emisor de Arbo

A Secretaría Xeral de Telecomunicacións e para a Sociedade de Información (Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) modificou a asignación inicial das canles radioeléctricos  previstos para a difusión do múltiples autonómico de Televisión Dixital Terrestre (TDT) no Centro Emisor de Arbo (O Drago).  Por tal motivo, o operador público RETEGAL o próximo venres día 16 de outubro, axustará os equipos do centro referido conforme a nova planificación, sendo a nova canle de emisión a 41. En todo caso manteranse as direccións e potencias de emisión.

No caso de instalacións de recepción con amplificadores de banda ancha para recibir as novas canles será suficiente con re-sintonizar os receptores; en caso de instalacións colectivas con amplificadores sintonizados, será preciso verificar que estes son compatibles cas novas canles de emisión.

Cambios de varias canles na emisión da TDT na Provincia de Ourense

A Secretaría Xeral de Telecomunicacións e para a Sociedade de Información (Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) modificou a asignación inicial das canles radioeléctricas  previstas para a difusión dos múltiples estatais 67 e 69 de Televisión Dixital Terrestre (TDT) nos Centros de A Gudiña e Monterrei (Ourense).  Por tal motivo, o operador público RETEGAL o próximo mércores día 14 de outubro, volverá a axustar os equipos dos centros referidos conforme á nova planificación, sendo as novas canles de emisión a 35 e 38 respectivamente. En todo caso manteranse as direccións e potencias de emisión.

No caso de Monterrei ao ser un Centro cuxo sinal primario depende do Centro Emisor de Castrelo do Val, producirase un corte de servizo nas referidas canles dende a madrugada ata mediodía do día 14.

No caso de instalacións de recepción con amplificadores de banda ancha para recibir as novas canles será suficiente con re-sintonizar os receptores; en caso de instalacións colectivas con amplificadores sintonizados, será preciso verificar que estes son compatibles cas novas canles de emisión.

Distribuir contido