Destacados
O Goberno aproba a asignación dun múltiple a cada concesionario de TDT de ámbito estatal
Mar, 20/07/2010 - 20:4016/07/10 - O Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se asigna unha múltiple dixital de cobertura estatal a cada unha das sociedades concesionarias do servizo de TDT de ámbito estatal (Antena3, Gestevisión Telecinco, Sogecable, Vexo Televisión, NET TV e La Sexta). A múltiple dixital está inegrado por catro canles dixitais de televisión susceptibles de ser explotados as 24 horas do día.
A asignación prodúcese previa solicitude e unha vez que, producido o cesamento de emisións con tecnoloxía analóxica, verificouse que as sociedades concesionarias do servizo de televisión dixital terrestre cumpriron as obrigacións que en materia de impulso e desenvolvemento da televisión dixital terrestre asumiran no marco do Plan Técnico Nacional de Televisión Dixital Terrestre e do Real Decreto polo que se regula a asignación concreta dos múltiples da televisión dixital terrestre tras o cesamento das emisións da televisión terrestre con tecnoloxía analóxica.
Amplliar información:
http://www.mityc.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/documents/npasignacionmultiple160710.pdf
A Xunta convoca axudas para acceder á TDT a través do satélite
Mér, 09/06/2010 - 19:5608/06/10 - O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para que os colectivos en risco de exclusión social que carezan de cobertura de sinal dixital terrestre, por residiren nunha zona de sombra, poidan acceder á TDT a través do satélite. Os cidadáns que resulten beneficiarios destas axudas recibirán o equipamento de recepción preciso para ver a TDT satelital.
A Secretaría Xeral de Medios pon en marcha esta campaña de axudas consciente de que nas zonas onde a TDT non conta coa cobertura suficiente, a adaptación do sinal pode ser máis custosa para aquelas persoas que non contan cos recursos económicos suficientes ou se atopan en risco de exclusión social. Por iso, a Xunta considera necesario incrementar os esforzos dirixidos a evitar que os colectivos máis febles teñan que asumir custos excesivos derivados deste proceso tecnolóxico.
A difusión por satélite, a solución óptima nas zonas de sombra
O equipo técnico que se instalará nos fogares dos beneficiarios destas axudas estará composto por unha antena parabólica, LNB, cable, conversor, conectores, soporte e un equipo de recepción capaz de decodificar o sinal e universalizar o novo servizo de televisión.
Poderán acceder a estas axudas as persoas maiores de 65 anos cunha dependencia recoñecida de grao II ou III. Aquelas cun grao de discapacidade auditiva ou visual do 33 por cento ou superior. E, por último, os maiores de 80 anos que vivan sos ou na compaña doutra persoa maior de 80 anos. Han de ter o seu domicilio en Galicia e non ter sido beneficiario doutro programa de contido e finalidade parecida de calquera entidade pública ou privada.
Os interesados deberán presentar unha solicitude dirixida á Secretaría Xeral de Medios, coa documentación que se require, no Rexistro Único da Xunta de Galicia. O prazo remata o vindeiro 31 de xullo de 2010. A Xunta, en colaboración cos concellos, informará a aquelas persoas que, por residir en zona de sombra e por reunir os requisitos, poidan beneficiarse desta axuda en especie.
Antes de proceder á entrega do equipo, os órganos competentes da Secretaría Xeral de Medios poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento dos requisitos, as circunstancias do beneficiario e das condicións establecidas para a concesión.
Para máis información e aclaracións, pode contactar coa Secretaria Xeral de Medios a través do teléfono 981541246.
Nota de prensa:
http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar5003.html
O Goberno aproba os criterios para a asignación dos múltiples da TDT e para a reserva do 'dividendo dixital'
Xov, 29/04/2010 - 19:3126/03/10 - O Consello de Ministros aprobou hoxe o Real Decreto que establece os criterios para a asignación das múltiples dixitais despois do cesamento de emisións analóxicas e a reserva do chamado 'dividendo dixital' a servizos distintos á televisión.
Mediante este Real Decreto determínase o proceso a través do cal, tras o cesamento de emisións en analóxico, os operadores privados de televisión de ámbito estatal, se cumpren os compromisos asumidos relacionados co impulso e desenvolvemento da TDT, accederán a un múltiple completo, mentres que a Corporación de Radio e Televisión Española e as Comunidades Autónomas accederán a dous múltiples.
Así mesmo, con este Real Decreto fíxanse os criterios para liberar a banda de 790 a 862 MHz (canles radioeléctricos 61 a 69) antes do 1 de xaneiro de 2015. A liberación desta banda de frecuencias, que é posible pola eficiencia no uso do espectro derivada da tecnoloxía dixital, é o que se denomina 'dividendo dixital'.
Ampliar información –
http://www.mityc.es/es-es/gabineteprensa/notasprensa/documents/npasignac...
A última fase do apagado analóxico comezará este mércores
Mar, 09/03/2010 - 20:28A terceira e última fase do apagado analóxico comezará este mércores 10 de marzo en Galicia, rematará o vindeiro 2 de abril, e afectará a preto de 1.300.000 galegos. Co remate da fase III, que se desenvolverá nas áreas técnicas de Domaio (a maior parte de Pontevedra e cinco concellos da Coruña) e Páramo (a meirande parte de Lugo), todos os galegos terán acceso único á TDT.
Para máis información descargue o seguinte documento: