“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Como sintonizar as canles de TDT

25/10/14 – Este domingo non só cambia o horario. Tamén as canles de televisión múdanse de frecuencia, polo que todos os usuarios deben resintonizar os seus televisores para seguir vendo a programación completa da televisión dixital terrestre (TDT). As principais cadeas están a emitir estes días anuncios avisando deste proceso e tanto as empresas audiovisuais como o Ministerio de Industria están a recibir numerosas consultas de usuarios preocupados polo cambio.

Pero non debe render o pánico. Ningún telespectador vai sufrir un apagamento dos seus programas favoritos este domingo. E é que aínda que o proceso empece mañá, os usuarios teñen até o 31 de decembro para adaptarse á nova situación. Até esa data a maior parte das canles poderanse ver simultaneamente na nova e a antiga frecuencia. Ademais en moitos casos (os usuarios que vivan en edificios de varias vivendas), a resintonización só será efectiva se previamente a comunidade de veciños contratou a un antenista para que prepare as antenas colectivas do inmoble para a recepción das novas canles.

Ampliar información –
http://economia.elpais.com/economia/2014/10/24/actualidad/1414165297_863862.html

Fonte –
http://elpais.com

Uns 61.000 edificios en Galicia deberán adaptar as súas antenas colectivas pola liberalización do Dividendo Dixital

24/10/14 – Uns 61.000 edificios en Galicia deberán adaptar as súas instalacións de antenas colectivas, se non o fixeron xa, debido ao proceso de liberalización do Dividendo Dixital, que permitirá o despregamento da tecnoloxía 4G. Para iso, terán de prazo ata o 31 de decembro, aínda que antes, este domingo, todos os fogares galegos terán que sintonizar os seus televisores, segundo recordou o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Víctor Calvo-Sotelo.

Tras unha reunión no Concello da Coruña, coa presenza do rexedor, Carlos Negreira, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, o secretario de Estado incidiu en que «toda a poboación» ten que resintonizar os seus aparellos de televisión este domingo. «Se non se resintorniza deixaranse de ver algunhas canles», indicou Víctor-Calvo Sotelo, que recordou que ata o 31 de decembro veranse «en dúas frecuencias». «Logo perderase un de eles», dixo polo despregamento da tecnoloxía 4G. Dela, precisou que permitirá recibir o sinal «con mellor calidade». Ademais, precisou que esta frecuencia é «a indicada» para o desenvolvemento rural da telefonía móbil.

Por outra banda, recalcou que as persoas que vivan en edificios terán que chamar a un instalador «para amplificar o sinal de cada unha das canles e non perder algúns», subliñou. Para iso, volveu a insistir que haberá de prazo ata o 31 de decembro.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/10/24/61000-edificios-galicia-deberan-adaptar-antenas-colectivas-liberalizacion-dividendo-digital/00031414163370950583329.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/

As canles de TDT deberán resintonizarse o 26 de outubro para a adaptación ao dividendo dixital

09/10/14 – Os cidadáns deberán resintonizar os seus televisores o próximo 26 de outubro para adaptar as canles de TDT ás novas frecuencias como consecuencia do dividendo dixital, que provocará o paso da banda de 800 MHZ do uso televisivo á súa utilización por parte das operadoras de telecomunicacións no móbil 4G.

Nun comunicado, o Ministerio de Industria lembrou que, para facilitar esta adaptación, algunhas canles de televisión emitiranse durante un período de tempo en simulcast, de forma simultánea na antiga e a nova frecuencia.

O proceso deberá finalizar antes do 1 de xaneiro de 2015, data na que todos os programas de televisión emitirán unicamente pola nova frecuencia.
Así, Industria volveu a alertar de que é fundamental que os cidadáns que viven en edificios con antenas colectivas chame ao instalador 'canto antes'.

Neste sentido, o Goberno lembrou que se puxo en marcha un plan de axudas para subvencionar as adaptacións ás comunidades de propietarios. As axudas solicitaranse unha vez realizadas as actuacións e están destinadas ás comunidades de propietarios dun edificio ou conxunto de edificios de vivendas suxeito ao réxime de propiedade horizontal, e que teñan instalado un sistema de antena colectiva baseado en monocanles ou nunha central programable. Ademais, só poderá solicitarse unha subvención por cada comunidade de propietarios.

Ampliar información –
http://cincodias.com/cincodias/2014/10/09/empresas/1412866754_385830.html

Fonte –
http://cincodias.com/

Os fogares poderán resintonizar as canles da TDT a partir do día 26

09/10/14 – O próximo 26 de outubro os programas de televisión comezarán a emitirse a través das novas frecuencias asignadas no Plan Técnico da Televisión Dixital Terrestre (TDT) polo que os usuarios deberán sintonizar os seus televisores cos mandos para localizar as novas frecuencias nas que se emitirán a partir dese día os programas de televisión, segundo anunciou este xoves o Ministerio de Industria.

Esta migración de canles cara ás novas frecuencias prodúcese polo proceso de liberación do dividendo dixital, que supón unha recolocación das frecuencias de televisión na banda 800MHz para deixala libre para as novas redes de telefonía móbil de alta velocidade 4G.

Para poder continuar recibindo a oferta completa de canles de televisión é preciso previamente realizar adaptacións nas instalacións de antena colectiva dos edificios. Este proceso ten que realizarse antes do 1 de xaneiro de 2015, data na que xa todos os programas de televisión emitirán unicamente pola nova frecuencia asignada. Por iso é fundamental que a cidadanía que vive en edificios con antenas colectivas chame ao instalador canto antes.

Para facilitar esta adaptación, algunhas canles de televisión emitiranse durante un período de tempo en simulcast, isto é, compaxinarán a emisión na antiga e a nova frecuencia, de maneira que sexa máis sinxelo realizar o axuste. Esta emisión en simulcast varía entre distintas rexións xeográficas.

Ampliar información –
http://economia.elpais.com/economia/2014/10/09/actualidad/1412858115_189462.html

Fonte –
http://elpais.com

Comeza a conta atrás para que as comunidades de veciños adapten as súas instalacións de antenas colectivas de TDT

09/10/14 – Deben realizar estas adaptacións os edificios equipados con sistemas monocanles ou centrais programables. En xeral utilizan estes sistemas edificios de tamaño medio ou grande. Esta adaptación debe realizarse canto antes.

O Goberno puxo en marcha un plan de axudas para subvencionar as adaptacións ás Comunidades de Propietarios.

Ademais, o 26 de outubro todos os cidadáns terán que sintonizar os seus televisores a través do menú do seu mando, vivan ou non nun edificio con antena colectiva.

O 15 de outubro comezará unha campaña de publicidade en medios masivos para complementar as accións informativas que está a levar a cabo o Goberno.

A cidadanía pode informarse en www.televisiondigital.es e nos teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96.
Ampliar información –
http://www.televisiondigital.es/Novedades/Paginas/liberacion-dividendo-digital.aspx

Fonte –
http://www.televisiondigital.es/