“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A liberación do Dividendo culminará o primeiro día de ano abranguendo a todos os fogares galegos

05/12/14 - Como lembraremos, a liberación do Dividendo Dixital é o proceso polo cal se deixa ceibe e despexada a banda de frecuencias de 800 MHz (canles 60-69, empregadas até o de agora para a difusión de canles da Televisión Dixital Terrestre) co fin de dar acubillo ao despregamento de servizos avanzados de comunicacións en mobilidade (4G) a partir de 1 de xaneiro de 2015. A liberación non afecta só ao territorio estatal. De feito, é un proceso que se leva a cabo de xeito harmonizado a nivel europeo, sendo a data límite o devandito primeiro día do ano vindeiro. Este proceso, segundo informa o operador público galego Retegal, está a afectar a todos os fogares galegos. Para comezar, as canles de TVE trasládanse ás novas frecuencias en toda a nosa xeografía, sendo preciso adaptar as antenas e resintonizar en varios intres do proceso.

Volvendo aos detalles técnicos da liberación do Dividendo, sinalar que a efectos prácticos ten unha primeira consecuencia directa: aquelas canles de TDT que empregaban até o de agora frecuencias emprazadas na banda a liberar (790-862 MHz) sitúanse noutras frecuencias, polo que para manter a continuidade da recepción das canles é preciso dar unha serie de pasos. O primeiro, facer as adaptacións técnicas precisas nos centros emisores por parte dos radiodifusores e operadores involucrados. O segundo aféctanos de cheo, e consiste nunha resintonización dos nosos receptores. O terceiro implica ás comunidades de propietarios que empreguen antenas colectivas, xeralmente en edificios de máis de tres vivendas, que deben poñerse en contacto cos seus instaladores de telecomunicacións para facer os axustes precisos nesas antenas colectivas. De todo isto están exentos os fogares que reciben a TDT a través doutras tecnoloxías, por exemplo satélite.
Polo que respecta á nosa terra, como dixemos a liberación do Dividendo ten incidencia directa en todos os fogares. Alén da necesidade de trasladar as canles da TVE ás novas frecuencias (o que nos obriga a adaptar as nosas antenas e resintonizar os aparellos en varios intres do proceso), cómpre sinalar que aquí tamén, en Galicia, as canles estatais privadas están a ser obxecto deste proceso de reasignación.

Ampliar información –
http://codigocero.com/A-liberacion-do-Dividendo

Fonte –
http://codigocero.com/

O Goberno non se propón atrasar o apagado das canles de TDT

05/12/14 - O Goberno non se propón atrasar a data na que as canles de TDT afectados polo cambio de frecuencias do chamado «Dividendo dixital» deixarán de emitir na súa antiga localización, a pesar das queixas de parte do sector sobre o atraso que acumula a adaptación das antenas.

O Consello Xeral de Consumidores e Usuarios, a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómica, a Unión de Televisións Comerciais en Aberto, a empresa Abertis Telecom e a Federación Nacional de Instaladores de Telecomunicacións (Fenitel) prognosticaron onte que á data fixada para o cambio, o 1 de xaneiro, só se adaptou o 50 % dos edificios con antena colectiva que deben revisar a súa instalación.

O secretario de Estado de Telecomunicacións, Víctor Calvo-Sotelo, recoñeceu hoxe en Las Palmas de Gran Canaria que está a haber «tensións de subministración» que dificultan que os provedores dos equipos necesarios para esa adaptación poidan servir en prazo os equipos a todos os edificios que deben revisar a súa instalación.

Con todo, remarcou que a data do 1 de xaneiro segue en pé (ese día, as canles afectadas deixarán de emitirse por duplicado e só se verán na súa nova frecuencia), porque non é o Ministerio o que a estableceu, senón a Unión Europea.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/12/04/gobierno-plantea-retrasar-apagado-canales-tdt/00031417708387224832438.htm?idioma=galego

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/

O Tribunal Supremo admite a trámite un recurso contra o plan técnico da TDT

05/12/14 – O Tribunal Supremo ha admitido a trámite un recurso de Atresmedia contra o Real Decreto que aproba o plan técnico da TDT e regula determinados aspectos para a liberación do dividendo dixital, segundo publicou este venres o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Este recurso está na liña da recente petición a Industria das cadeas privadas (a través de Uteca e xunto a outros colectivos) para ampliar até o primeiro trimestre de 2015 as actuais emisións de TDT que se apagarán na banda do dividendo dixital.

Desta forma, as cadeas aseguran que se minimizaría o impacto" que terá o citado apagamento nos cidadáns, posto que entenden que nalgunhas zonas haberá problemas para acceder a todas as canles polas dificultades de subministración e a extensión de cobertura.

A partir da publicación da admisión a trámite do recurso, fíxase un prazo de nove días para que poidan personarse como demandados "quen teñan interese lexítimos en soster a conformidade a Dereito da actuación recorrida".

Ampliar información –
http://ecoteuve.eleconomista.es/ecoteuve/television/noticias/6303847/12/14/El-Tribunal-Supremo-admite-a-tramite-un-recurso-contra-el-plan-tecnico-de-la-TDT.html#.Kku87T5OrQrUM9F

Fonte –
http://ecoteuve.eleconomista.es/portada/index.html

Piden ao Ministerio que amplíe tres meses máis a resintonización da TDT

03/12/14 – As organizacións representativas das cadeas de televisión, as asociacións de usuarios e as empresas instaladoras de antenas pediron ao Ministerio de Industria que amplíe tres meses, até o 31 de marzo de 2015, o prazo para a resintonización e adaptación das canles de TDT, xa que consideran que non vai dar tempo a que o apagado das frecuencias fágase nas debidas condicións para toda a poboación o próximo 31 de decembro, como está previsto no Plan Nacional Técnico do dividendo dixital.

A petición fana a través dun comunicado conxunto que subscriben a patronal das televisións privadas (Uteca), a federación de televisións autonómicas (Forta), o Consello Xeral de Consumidores e Usuarios, o distribuidor de sinal Abertis Telecom e a Federación de instaladores de telecomunicacións (Fenitel).

Explican que decidiron solicitar a Industria que reconsidere a data do último día de 2014 na que as vellas frecuencias de TDT deixarán de emitir definitivamente televisión para ceder o seu espazo á telefonía 4G tras a información que recibiron na última reuníon do Grupo de Coordinación e Seguimento de Actuacións para a Liberación do Dividendo Dixital, celebrada o luns 1 de decembro.

Aseguran que nesa reunión, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións informoulles de que a 31 de outubro, 252.000 edificios dos 998.000 que deben adaptar as súas antenas dispuñan de orzamentos aceptados para a súa adaptación (o 25% do total). Nesa data, 83.066 edificios xa completaran a adaptación das súas antenas colectivas, o que supón unha porcentaxe de edificios adaptados inferior ao 10% do total.

Ampliar información –
http://www.lavanguardia.com/television/audiencias/20141203/54420497035/resintonizacion-tdt-ampliacion-plazo.html

Fonte –
http://www.lavanguardia.com/

O Goberno informa que serán as operadoras as encargadas de evitar interferencias entre TDT e 4G

01/12/14 - O comezo da liberación do Dividendo Dixital, do que tanto se fala ultimamente, trae unha realidade nova para as operadoras de telecomunicacións: deixaralles ceiba e despexada a frecuencia de 800 Mhz para poder usala coas redes de telefonía 4G. Isto será factíbel o 1 de xaneiro, e segundo o Goberno, todo irá coma a seda. Ou sexa, que non haberá problemas de incidencias nin interferencias ao ter que compartirse o espectro natural da Televisión Dixital Terrestre coa devandita tecnoloxía móbil (as probas en Zamora así o demostran, informa o Executivo). O Goberno engade a este respecto que tampouco haberá custes para os cidadáns, xa que “o proceso correrá a cargo dos operadores de telecomunicacións”. Porén, hai voces críticas que din que si que haberá problemas de recepción, como as de SES Astra ou Avitel, que nos advirten de que a convivencia entre televisión e 4G si que traerá interferencias.

Este proceso do que falamos, o proceso que terán que asumir as compañías, non é outro que a posta en marcha das probas e actuacións preventivas precisas para garantir “as condicións existentes de recepción do servizo de televisión nas zonas delimitadas que presentan maior afectación”. Ou sexa, para asegurar que nestas zonas a TDT sexa posíbel seguir vendo coma até o de agora. Estas áreas de posíbel afectación, sinala o Goberno, son moi limitadas “e poden solventarse de maneira satisfactoria”. Por certo que as interferencias virían dadas pola propia actividade das estacións de comunicacións móbiles. Ao fío disto, as operadoras estarán obrigadas a velar para que iso non ocorra.

Ampliar información –
http://codigocero.com/O-Goberno-informa-que-seran-as

Fonte –
http://codigocero.com/