“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O prazo para adaptar as antenas de TDT amplíase ata o 31 de marzo

27/12/14 - O Consello de Ministros aprobou onte a ampliación ata o 31 de marzo do prazo máximo para a liberación do dividendo dixital. Deste xeito as televisións públicas e privadas poden estender tres meses máis o simulcast ou emisión simultanea de canles da TDT e así facilitar ao cidadán que adapte a súa antena colectiva, sen perder canles de televisión mentres completa este proceso.

Segundo os datos do Ministerio de Industria, a finais de novembro o 42,6 % dos edificios completaran a adaptación dos seus sistemas de recepción de televisión. E estímase que o 55 % dos edificios terá adecuado as súas instalacións cando acabe o ano. A proxección dos datos indica que ao finalizar o mes de marzo do 2015 as adaptacións terán alcanzado o 81 % dos edificios, un 26 % máis que na data inicialmente prevista.

Así mesmo, a partir de abril o 97 % da poboación poderá seguir recibindo a oferta das principais canles de televisión medidos en termos de audiencia, incluso daqueles cidadáns que non tivesen podido completar o proceso de adaptación dos sistemas de recepción dos seus edificios. O proceso de adaptación estará pois practicamente completado.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/12/27/plazo-adaptar-antenas-tdt-amplia-31-marzo/0003_201412G27P56992.htm?idioma=galego

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo amplía ata o 31 de marzo o prazo máximo para a liberación do Dividendo Dixital para facilitar ao cidadán a adaptación das antenas colectivas

26/12/14 – O Goberno aprobou ampliar o prazo máximo de liberación do dividendo dixital máis aló do 31 de decembro de 2014, até o 31 de marzo de 2015, para facilitar que poidan avanzar as adaptacións sen perder ningunha canle de televisión durante o proceso.

Con esta medida aténdese a solicitude do sector da TDT, que considera este prazo como o máis adecuado.

Na nova data estímase que un 97% da poboación poderá seguir recibindo a oferta das principais canles de televisión medidos en termos de audiencia.

Os 280 millóns de euros en axudas aprobadas polo Goberno para subvencionar a adaptación das antenas colectivas pódense solicitar até o 30 de xuño de 2015.

Ampliar información –
http://www.televisiondigital.gob.es/Novedades/Paginas/ampliacion-plazo-liberacion-dividendo.aspx

Fonte –
http://www.televisiondigital.gob.es/

O Goberno retrasa 3 meses a liberación do dividendo dixital

26/12/14 - O Consello de Ministros aprobou hoxe a ampliación do prazo máximo para a liberación do dividendo dixital mediante un Real decreto-lei, de xeito que as canles de Televisión Dixital Terrestre (TDT) poden continuar a súa emisión simultánea en varias frecuencias para que os cidadáns que aínda non adaptasen a súa antena colectiva non perdan canles mentres se completa o proceso de adaptación que segundo os colectivos de antenistas acumula retrasos por distintos motivos.

Deste xeito, as frecuencias que se supoñía que o 1 de xaneiro quedarían libres de sinais televisivos para pasar a empregarse por operadores de telecomunicacións para ofrecer telefonía móbil 4G continuarán ocupadas até, como máximo, marzo de 2015, data que consideran máis que suficiente como prórroga do proceso de reantenización, desmentíndose así as declaracións previas do ministro Soria, que estimaba que o procedemento adiaríase como máximo até o 30 de xaneiro ou o 15 de febreiro.

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo considera que a finais de marzo de 2015 o 81% dos edificios xa estarán adaptados, datos que poderían mellorar, pois é posible que a estimación de edificios que precisasen adaptación podería ser inferior á estimada.

Para compensar aos operadores de telefonía móbil titulares das concesións na banda dos 790 MHz a 862 MHz (o chamado dividendo dixital) recibirán unha compensación polo adiamento da liberación das frecuencias, que en vez de ser económica, será mediante a ampliación da concesión en 1,27 días por cada día de retraso na liberación do dividendo dixital.

Ampliar información –
http://codigocero.com/O-Goberno-retrasa-3-meses-a

Fonte –
http://codigocero.com/

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo informa ao sector da evolución do proceso de liberación do Dividendo Dixital

23/12/14 – O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo convocou hoxe ao Grupo de Coordinación e Seguimento de Actuacións para a liberación do Dividendo Dixital para analizar os datos de avance que se produciron até a data.

Segundo os datos do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a final de novembro o 42,6% dos edificios completaran a adaptación dos seus sistemas de recepción de televisión.

O Goberno está a estudar ampliar o prazo máximo de liberación do dividendo dixital máis aló do 31 de decembro de 2014, ao obxecto de facilitar que poidan avanzar as adaptacións sen perder ningunha canle de televisión durante o proceso.

Tamén se están impulsando as medidas necesarias para que as subvencións non teñan incidencia na declaración da renda dos beneficiarios das axudas.

Ampliar información –
http://www.televisiondigital.gob.es/Novedades/Paginas/ministerio-informa-evolucion-Dividendo.aspx

Fonte –
http://www.televisiondigital.gob.es/

A TDT contará con cinco novas canles no 2015

16/12/14 - O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, confirmou que o Goberno sacará a concurso cinco canles de Televisión Dixital Terrestre, catro en formato de alta definición (HD) e un en formato estándar. Durante a súa intervención nun almorzo informativo de Europa Press, Soria explicou que teñen seis meses para convocar unha «poxa, concurso ou procedemento».

O ministro tamén recordou a sentenza do Supremo que obrigou a pechar o pasado mes de maio nove canles de TDT por non adxudicarse conforme á Lei Xeral Audiovisual e que, segundo explicou, xerou atrasos na adaptación ao dividendo dixital. O plan aprobado o pasado mes de setembro paraadaptarse ao dividendo dixital, que entra en vigor o 1 de xaneiro de 2015, obriga ás televisións a mudar as súas canles de TDT da banda dos 800 mhz á de 700 mhz para que a primeira sexa ocupada pola tecnoloxía 4G móbil.

O Executivo deseñou un plan no que os operadores de televisión pasaban a contar con oito múltiplex fronte aos dez cos que contaban ata o momento. As televisións privadas pasaban de seis a cinco múltiplex e as comunidades autónomas quedaban cun fronte aos dous previos. Mentres, RTVE que tiña dous múltiples, pasaba a ter un e medio.

A previsión do Executivo era sacar a concurso un múltiplex e un terzo doutro múltiplex, pero se descoñecía o número exacto de canles en función de se estes se sacaban a concurso en formato de alta definición ou en formato estándar. Deste xeito, Soria concretou que serán catro canles na alta definición e un en estándar os que sairán a concurso.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/12/16/tdt-contara-cinco-nuevos-canales-2015/00031418732781084323616.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/