“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Latest

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 12 ao 18 de febreiro.

12/02/2024: Entre os días 12 e 18 de febreiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concello no que se producirá un novo acendido é o de Chandrexa de Queixa.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Cambre, A Coruña, Ortigueira, Folgoso do Courel, Foz e Lalín .

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

A Xunta de Galicia lanzará unha liña de axudas para a compra de receptores SAT TDT

09/02/2024: Desde a Xunta de Galicia anunciouse o lanzamento de axudas para comprar os receptores necesarios para recibir o sinal da TDT a través do satélite, a chamada solución SAT TDT. Esta solución é a utilizada nas zonas con deficiencias na recepción do sinal da Televisión Dixital Terrestre, as chamadas zonas de sombra.

A instalación de SAT-TDT é similar a unha instalación de TDT habitual (terrestre) coas seguintes diferenzas:

  • A antena é de tipo parabólica.
  • O decodificador é específico para recepción de TDT por satélite (non se pode adquirir libremente en comercios, só a través de distribuidores autorizados).

Mediante a normativa nacional estableceuse que todas as canles de televisión, calquera que sexa o seu ámbito de cobertura, nacional, autonómico ou local, deberían evolucionar as súas emisións  a alta definición antes do 14 de febreiro de 2024.  Polo tanto, a partir desta data todas as canles da TDT deberán emitir unicamente en alta definición (HD).

Esta liña de axudas está encamiñada a apoiar o cambio dos receptores específicos para a solución SAT TDT mais antigos que non están preparados para decodificación do sinal en HD. Está previsto que as axudas sufraguen o 100% do custo dos receptores que se instalen en primeiras vivendas, ata un máximo de 400€,  e o 50% para os necesarios en segundas vivendas. Estas axudas terán carácter retroactivo, polo que haberá que gardar a factura dos receptores que se compren antes da publicación da liña de axudas para poder acreditar o gasto.

Se vostede recibe a sinal de TDT por satélite, a través do servizo SAT TDT e non visualiza no seu televisor as canles en alta definición, deberá poñerse en contacto cun instalador autorizado. O listado máis actualizado de distribuidores da solución SAT-TDT pódese consultar en http://www.sattdt.es/ConsultaInstaladores.aspx

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/87575/gobierno-gallego-dara-ayudas-las-viviendas-ubicadas-zonas-sombra-que-tengan-que

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 5 ao 11 de febreiro.

5/02/2024: Entre os días 5 e 11 de febreiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os operadores de telefonía móbil, acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Arteixo, Cambre, A Coruña, As Somozas, Vilalba, Os Blancos, A Gudiña, Maceda, Mos e O Porriño.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro.

29/01/2024: Entre os días 29 de xaneiro e 4 de febreiros, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, os concellos nos que se producirán novos acendidos son os de Trasmiras e Sarreaus.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Cee, Ponteceso, Monfero, Arteixo, Culleredo, Cambre, Becerreá, Coles, Gondomar e Vigo.

Compre sinalar que estes acendidos poden causar, en determinados casos, interferencias na recepción do sinal de televisión. Os cidadáns que estean neste caso, precisan instalar un filtro 5G que anule o sinal de telefonía que están a captar as antenas de televisión, para o que deberán poñerse en contacto coa entidade xestora llega700, creada polos operadores de telefonía móbil, para que lles informe ao respecto.

Esta entidade leva a tramitación das interferencias  5G no sinal de televisión, a través do teléfono 900 833 999 ou da súa páxina web www.llega700.es, e deberá:

  • Analizar e, no seu caso, resolver as afectacións á recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre debidas ao acendido dunha estación base,  comunicadas polos cidadáns nun prazo de seis meses desde dito acendido.
  • Resolver as afectacións comunicadas nun un prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde a comunicación da afectación.

Ademais, o custe de todas as actuacións necesarias para resolver as afectacións será gratuíto para os cidadáns.

Mapa 5G Galicia
(Ver mapa despregamento 5G en Galicia)

Acendidos da rede de telefonía móbil con tecnoloxía 5G na semana do 22 ao 28 de xaneiro.

22/01/2024: Entre os días 22 e 28 de xaneiro, os operadores de telefonía móbil teñen previsto o acendido de diversas estacións para a emisión do sinal de telefonía móbil con tecnoloxía 5G, na banda de frecuencia de 700 MHz, que permitirá aos usuarios mellorar, entre outras,  a velocidade das conexións o consumo dos dispositivos e a cobertura móbil no interior das vivendas.

Segundo a información trasladada, o concellos no que se producirá un novo acendido é o de As Somozas.

Os operadores de telefonía móbil, tamén acenderán nestes días novas estacións 5G en concellos que xa dispoñían destes servizos, en concreto, Boiro, Cambre, Culleredo, Ferrol, Oleiros, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Begonte, Baralla, Baiona, Moaña e Mos.