“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O Goberno lanza un programa de axudas de ao redor de 19 millóns de euros para as Comunidades de Propietarios galegas

15/10/14 - 61.000 edificios galegos equipados con sistemas monocanales ou centrais programables deben empezar canto antes a adaptar as súas instalacións de antenas colectivas. En xeral utilizan estes sistemas edificios de tamaño medio ou grande.

O 55% dos galegos non se verán afectados pola adaptación das instalacións de antena colectiva dos edificios.

Ademais, o 26 de outubro todos os galegos terán que sintonizar os seus televisores a través do menú do seu mando, vivan ou non nun edificio con antena colectiva.

A cidadanía pode informarse en www.televisiondigital.es e nos teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96.

Máis información:
http://www.televisiondigital.es/DividendoDigital/SalaPrensa/Paginas/ayudas-comunidades-gallegas.aspx

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo aproba un Plan de actuacións para a liberación do Dividendo Dixital e porá en marcha un Plan de axudas para a antenización de edificios.

O pasado 19 de setembro o consello de Ministros aprobaba o Real Decreto 805/2014 co novo plan técnico da TDT e no que se regulan determinados aspectos para a liberación do  dividendo dixital. Dita norma está en vigor desde o día 25 de setembro.
 
O mesmo día 19 aprobábase tamén nun Acordo de Consello de Ministros o Plan de Actuacións para a liberación do dividendo dixital, que está dispoñible en http://www.televisiondigital.es/Novedades/Paginas/plan-actuaciones-liberacion-dividendodigital.aspx  
 
Así mesmo o Goberno anunciou a posta en marcha dun programa de axudas para sufragar os custes da adaptación das antenas colectivas dos edificios afectados por este proceso. A normativa reguladora destas axudas será aprobada en datas próximas, non obstante elaborouse una guía para a obtención das axudas, co obxecto de que non se retarden as adaptacións das antenas colectivas. Esta guía pode obterse en http://www.televisiondigital.es/Novedades/Paginas/ayudasadaptacioninstalacionesantenacolectivatdt.aspx ou directamente a través de http://www.televisiondigital.es/DividendoDigital/SalaPrensa/Documents/ANEXOAYUDASM.pdf

Os importes de axuda máximos previstos en Galicia, en función do número de múltiples dixitais afectados  serán:
•    Coruña norte (4 múltiples dixitais): 450 €
•    Coruña sur (3 múltiples dixitais):     350 €
•    Lugo (3 múltiples dixitais):                350 €
•    Ourense (4 múltiples dixitais):         450 €
•    Pontevedra (3 múltiples dixitais):    350 €

Isto solo afecta aos edificios con antenas colectivas con amplificadores monocanles. No caso de que dispoñan de centrais  programables a axuda máxima será de 100 €.

De acordo ao previsto no xa citado Real Decreto 805/2014, o próximo día 26 de outubro producirase a reordenación de canles de televisión dentro dos múltiples dixitais, sendo aconsellable que todos os cidadáns resintonicen os seus aparatos de televisión co mando a distancia, co obxecto de continuar recibindo a oferta completa de canles. O Ministerio de Enerxía, Industria e Turismo prepara una campaña de comunicación que comezará nos próximos días para informar á cidadanía sobre este proceso.
 
Na Web www.televisiondigital.es pódese atopar máis información sobre o dividendo dixital.

Convocatoria de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de TDT mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do PDRS en Galicia

29/04/14 - A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral do Estado, van destinar 206.340 euros no exercicio 2014 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo e de Ourense. A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboran coa Xunta de Galicia 

O prazo para que os beneficiarios presenten as solicitudes (a través dos instaladores autorizados) comeza mañá e rematará o 30 de setembro de 2014.

Publicación da convocatoria das axudas no DOG

O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Serán subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar como máximo un equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar subvención para un segundo receptor na súa vivenda. Non poderan solicitar a subvención nesta convocatoria as familias ás que se lle concedeu a axuda na convocatoria de 2013.

A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total en todo o período de algo máis de 400.000 euros e beneficiará arredor de 1.400 familias de 78 concellos do interior de Lugo e de Ourense.

Acceda á nota de prensa

MapaPDRS

 

RTVE informa sobre o proceso de liberación do Dividendo Dixital e reantenización da TDT

2709/14 - /RTVE informa a través dunha reportaxe sobre qué significa a liberación do Dividendo Dixital e porqué debemos adaptar as antenas colectivas.

http://www.rtve.es/drmn/embed/video/2780135

Retegal informa de cortes de emisión no múltiple autonómico por traballos programados no centro de Xiabre

18/12/13 - Segundo información trasladada pola empresa Retegal, o vindeiro venres 27 de Decembro producirase un corte na emisión do múltiple autonómico (TVG, G2 e V Televisión) no seu centro emisor do sinal de TDT de Catoira instalado no monte Xiabre no concello de Catoira.

O corte da emisión producirase entre as 11:00 e as 11:30 da mañá e afectará a unhas 75.000 persoas principalmente dos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Rianxo, Valga, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa,