Televés lanza unha antena intelixente preparada para o dividendo dixital

10/04/12 - A firma galega de telecomunicacións, Televés, non permitiu que o parón de Semana Santa baixara o seu ritmo habitual de innovación ao que nos ten acostumados dende que lanzou o seu Plan NP100, e vén de presentar, sen demora, unha antena especialmente deseñada para a recepción da TDT en interiores, que fai chamar Innova BOSS.

Este revolucionario dispositivo electrónico vén preparado para a liberación do dividendo dixital e ademais regula automaticamente o nivel do sinal de saída, o que garante, en palabras dos seus responsables, “a máxima calidade de imaxe e son, incluso en zonas de baixa cobertura”, “ao tempo que minimiza as interferencias causadas por movementos preto da antena ou do televisor”, engaden.

Estamos a falar, polo tanto, dunha antena intelixente, que asemade é a primeira antena de interior plug&play do mercado. Os seus responsables informan que basta con colocala onde se desexe, en posición vertical ou horizontal e conectala, sen que sexa necesario orientala, o que facilita amplamente o traballo dos técnicos ou mesmo do amateur que se atreva coa instalación do fogar.

Ampliar información –
http://codigocero.com/Televes-lanza-unha-antena

Fonte –
http://codigocero.com/

escort bayan ,escort, atasehir escort