A Xunta de Galicia lanzará unha liña de axudas para a compra de receptores SAT TDT

09/02/2024: Desde a Xunta de Galicia anunciouse o lanzamento de axudas para comprar os receptores necesarios para recibir o sinal da TDT a través do satélite, a chamada solución SAT TDT. Esta solución é a utilizada nas zonas con deficiencias na recepción do sinal da Televisión Dixital Terrestre, as chamadas zonas de sombra.

A instalación de SAT-TDT é similar a unha instalación de TDT habitual (terrestre) coas seguintes diferenzas:

  • A antena é de tipo parabólica.
  • O decodificador é específico para recepción de TDT por satélite (non se pode adquirir libremente en comercios, só a través de distribuidores autorizados).

Mediante a normativa nacional estableceuse que todas as canles de televisión, calquera que sexa o seu ámbito de cobertura, nacional, autonómico ou local, deberían evolucionar as súas emisións  a alta definición antes do 14 de febreiro de 2024.  Polo tanto, a partir desta data todas as canles da TDT deberán emitir unicamente en alta definición (HD).

Esta liña de axudas está encamiñada a apoiar o cambio dos receptores específicos para a solución SAT TDT mais antigos que non están preparados para decodificación do sinal en HD. Está previsto que as axudas sufraguen o 100% do custo dos receptores que se instalen en primeiras vivendas, ata un máximo de 400€,  e o 50% para os necesarios en segundas vivendas. Estas axudas terán carácter retroactivo, polo que haberá que gardar a factura dos receptores que se compren antes da publicación da liña de axudas para poder acreditar o gasto.

Se vostede recibe a sinal de TDT por satélite, a través do servizo SAT TDT e non visualiza no seu televisor as canles en alta definición, deberá poñerse en contacto cun instalador autorizado. O listado máis actualizado de distribuidores da solución SAT-TDT pódese consultar en http://www.sattdt.es/ConsultaInstaladores.aspx

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/87575/gobierno-gallego-dara-ayudas-las-viviendas-ubicadas-zonas-sombra-que-tengan-que

 

escort bayan ,escort, atasehir escort