Cese das emisións de Televisión Dixital Terrestre con calidade estandar (SD).

 

Afectará aos receptores de televisión mais antigos, que non poderán descodificar o sinal da TDT en alta definición (HD)

27/12/2023: Esta actuación encamíñase dentro dos plans do Ministerio de Transición Dixital e do previsto no  Real Decreto 391/2019, de 21 de xuño, polo que se aproba o Plan técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e se regulan determinados aspectos para a liberación do segundo dividendo dixital, modificado posteriormente polo Real Decreto 16/2023, de 17 de xaneiro,  establecendo que todas as canles de televisión, calquera que sexa o seu ámbito de cobertura, nacional, autonómico ou local, deberían evolucionar as súas emisións  a alta definición antes do 14 de febreiro de 2024.  Polo tanto, a partir desta data todas as canles da TDT deberán emitir unicamente en alta definición (HD).

De cara a informar á cidadanía deste proceso, o Ministerio de Transición Dixital ven de publicar na web www.televisiondigital.es información sobre os aspectos claves do proceso, a resposta ás preguntas frecuentes e un vídeo informativo, que tamén será emitido nas canles de televisión.

Por outra banda, o calendario previsto para o cese das emisións con calidade estandar farase de xeito escalonado, comezando o 6 de febreiro co cese das emisións SD das canles públicas nacionais, seguido das canles autonómicas o día 12,  e rematando o 14 de febreiro co cese para o resto de canles:

Calendario cese emisions SD

Nas canles que actualmente se emiten en SD emitirase un cartel indicando o próximo cese das emisións desa canle con calidade estandar e informando de que poderá continuar recibíndoa en alta definición (HD).

Recoméndase comprobar que o seu receptor de televisión está preparado para a recepción da TDT en alta definición do seguinte xeito:

  1. Resintonizar o seu receptor de televisión para que recolla todas as canles que se emiten na súa ubicación.
  2. Comprobar que no televisor aparecen as canles de TDT con calidade de alta definición, por exemplo: TVG HD, La 1 HD, Cuatro HD..., e que as visualiza correctamente.

Se despois de realizar estes pasos non  visualiza ningunha canle en formato HD, o seu receptor de televisión non está preparado para este cambio, polo que, para continuar vendo todas as canles de TDT, deberá cambiar o receptor de televisión ou mercar un dispositivo adaptador para a recepción en alta definición.  

Se vostede recibe a sinal de TDT por satélite, a través do servizo SAT TDT e non visualiza no seu televisor as canles en alta definición, deberá poñerse en contacto cun instalador autorizado. Pode atopar o listado dos instaladores na páxina web www.sattdt.es  pinchando no enlace: Consulte los distribuidores homologados para instalar receptores.

Para mais información,

https://televisiondigital.mineco.gob.es/TelevisionDigital/tecnologias/AD/Paginas/canales_alta_definicion.aspx ou chamando ao teléfono 910 30 54 21.

 

 

escort bayan ,escort, atasehir escort