“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

RTVE presenta a súa primeira proba piloto de emisión en 8K por TDT

20/10/2020 – RTVE realizará este mércores 21 de outubro a primeira emisión piloto a nivel mundial de sinal de televisión en Ultra Alta Definición (UHD) 8K. Santiago de Compostela será pioneira na visualización de emisións demostrativas de Televisión Dixital Terrestre coa máxima resolución dispoñible.

Para esta primeira emisión organizarase un evento semipresencial, para cumprir coas recomendacións de seguridade derivadas da situación actual de crise sanitaria debido á COVID-19. O Instituto Oficinal de RTVE proporcionará o sinal en streaming para que os asistentes poidan seguir o acto de xeito remoto.

O sinal radiarase desde a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da UPM, nunha canle asignada temporalmente para a realización destas probas. Ademais, tamén se emitirá o sinal de televisión 8K desde varios centros emisores da empresa Cellnex Telecom situados en Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Zaragoza, e tamén desde o emisor situado no monte Pedroso en Santiago de Compostela. O piloto que se vai a poñer en marcha permitirá emitir e recibir un sinal de TDT en Ultra Alta Definición (8K) desde Pedroso pola canle radioeléctrica 33.

Esta proba piloto enmárcase dentro das actividades da Cátedra RTVE na Universidade Politécnica de Madrid e será posible grazas á colaboración dos membros do seu Comité Asesor Tecnolóxico, ao cal pertence a empresa galega Televés Corporación.

Mais información –

https://www.rtve.es/rtve/20201019/rtve-lidera-8k-espana/2046389.shtml