“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Aprobadas as subvencións aos operadores de televisión polos costes do segundo dividendo dixital

29/07/2020 – O Consello de Ministros aprobou dous Reais Decretos que establecen as subvencións para compensar aos operadores do servizo de comunicación audiovisual televisiva polos gastos derivados da liberación do Segundo Dividendo Dixital.

A liberación do Segundo Dividendo Dixital consiste na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz, necesaria para os novos servizos de banda larga (5G). Este proceso tiña que estar rematado o 30 de xuño de 2020, pero debido a situación de excepcionalidade motivada pola pandemia do COVID-19, o día 30 de marzo de 2020, España comunicou á Unión Europea a necesidade de aprazar a devandita data. Posteriormente, estableceuse como nova data de finalización do devandito proceso o día 31 de outubro de 2021, mantendo as emisións en “simulcast” (emisións simultáneas na antiga e na nova frecuencia) ata o 30 de setembro, co obxectivo de facilitar aos usuarios a adaptación das súas instalación para recibir as novas frecuencias planificadas.

Apróbanse subvencións para os prestadores do servizo público de ámbito estatal e autonómico, que teñen o obxectivo de compensar os costes derivados da emisión simultánea e transitoria das súas canles de televisión nas frecuencias afectadas polo segundo dividendo dixital entre os días 1 de xullo de 2020 e 30 de setembro de 2020.

Por outra banda, aprobouse a concesión directa de subvencións aos prestadores privados (de ámbito estatal, autonómico ou local) por un importe máximo de 10 millóns de euros. Estas axudas están destinadas a compensar los costes derivados dos cambios a realizar nos equipos de transmisión para a súa adaptación ás novas frecuencias planificadas polo proceso de liberación do segundo dividendo dixital.

Máis información:

https://www.mineco.gob.es/portal/site/mineco/menuitem.ac30f9268750bd56a0b0240e026041a0/?vgnextoid=938c6ae35d493710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=864e154527515310VgnVCM1000001d04140aRCRD