Aprobada a nova data para a finalización do proceso de liberación do Segundo Dividendo Dixital

23/06/2020 – O Consello de Ministros aprobou hoxe a nova data para a finalización do proceso de liberación do Segundo Dividendo Dixital, que será o vindeiro 31 de outubro de 2020.

A liberación do Segundo Dividendo Dixital consiste na reorganización e abandono dalgunhas canles nas que se está a emitir a TDT na actualidade para deixar libre a banda de 700 MHz, necesaria para os novos servizos de banda larga (5G). Este proceso tiña que estar rematado o 30 de xuño de 2020, pero debido a situación de excepcionalidade motivada pola pandemia do COVID-19, o día 30 de marzo de 2020, España comunicou á Unión Europea a necesidade de aprazar a devandita data.

Esta nova data estableceuse tendo en conta a finalización do estado de alarma, o Plan para a Transición cara unha nova normalidade e despois de analizar a situación dos traballos realizados ata agora.

Por outra banda, as emisións en “simulcast” (emisións simultáneas na antiga e na nova frecuencia) manteranse ata o 30 de setembro, co obxectivo de facilitar aos usuarios a adaptación das súas instalación para recibir as novas frecuencias planificadas.

Máis información:

https://www.televisiondigital.gob.es/ayuda-ciudadano/sala-prensa/Documents/TDT/NP_2DD_23-06-2020.pdf

escort bayan ,escort, atasehir escort