“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Preguntas frecuentes

Que é a TV en Streaming?

O Streaming é unha tecnoloxía que permite visualizar un arquivo de son ou vídeo directamente desde internet sen descargalo previamente no dispositivo. Isto ofrece a posibilidade de escoitalo ou visualizalo onde e cando o usuario queira.

Para poder ver a televisión en streaming é preciso que o dispositivo (televisor, teléfono móbil, tableta...) permita a conexión a internet e o usuario dispoña dunha conexión de banda larga que permita descargas a velocidades de a lo menos 5Mbps para visualizar en Alta Definición, e de 25Mbps para Ultra Alta Definición.

As plataformas de televisión en Streaming mais populares en España son MovistarTV, Vodafone TV, Orange TV, Sky, que ofrecen a visualización das canles de televisión convencionais, mais cine e series propias, Netflix, HBO, Amazon Prime Video, Filmin, Rakuten TV cun amplo catálogo de cine e series, e as plataformas que ofrecen deportes DANZ, OpenSport, beIN Connect.