“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

Emisións en Ultra HD

Ultra High Definition Television (Televisión de Ultra Alta Definición) ou UHDTV é un formato de vídeo que permite acadar niveis de calidade das imaxes mais preto da imaxe real. A resolución e calidade da imaxe UHD é, como mínimo, catro veces superior á alta definición convencional:

• 4K fai referencia a unha resolución de pantalla de 4000 pixeles. En televisión dixital utilízase unha resolución de 3480x2160 (2160p)
• 8K fai referencia a unha resolución de pantalla de 8000 pixeles. En televisión dixital utilízase unha resolución de 7680x4320 (4320p)

As emisións de televisión dixital terrestre en ultra alta definición en España deberán cumprir que a súa resolución vertical sexa igual ou superior a 2160 liñas activas cunha relación de aspecto 16:9, e utilizar un sistema de codificación de vídeo conforme á norma H.265/HEVC.

Para conseguir visualizar estas emisións debese dispor dun televisor compatible 4K/UHD (que aoporte a norma H.265). A maioría dos televisores de alta gama que se venden na actualidade son compatibles e, ademais segundo o proxecto de Real Decreto polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT,  publicado en xaneiro de 2019, todos os televisores de mais de 24 polgadas deben poder sintonizar as emisións de televisión dixital terrestre en UHD.

En España ningunha canle de televisión emite en TDT con ultra alta definición, so TVE está  a facer probas puntuais con esta resolución, aínda que utilizando a tecnoloxía DVB-T2 e utilizando frecuencias que obrigan a que na maioría dos edificios sexa necesario adaptar as antenas colectivas para poder recibir esa emisión, non así nas vivendas individuais. Porén, algunhas plataformas de televisión por internet fan emisións en “streaming” de contido en UltraHD, aínda que é preciso contar cunha conexión a internet de polo menos 30MBps para poder visualizalas.

Enlace de interese: https://www.uhdspain.com/

Logo-UHD