“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea anula a Decisión da Comisión pola que ordenaba recuperar as axudas estatais concedidas para a transición á TDT.

20/12/2017 - O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de ditar sentenza no caso das axudas estatais a operadores para realizar o  proceso de transición da televisión con tecnoloxía analóxica á dixital en zonas remotas.

Co gallo dunha denuncia presentada no ano 2009 polo operador de satélites SES ASTRA ante a Comisión da Unión Europea, esta adoptou a Decisión 2014/489/UE de declarar ilegais as axudas concedidas durante o proceso de transición á TDT aos operadores de televisión terrestre para o despregamento, mantemento e explotación da rede de televisión dixital nas zonas menos urbanizadas e remotas. Nesta Decisión a Comisión Europea ordenou recuperar dos seus beneficiarios as axudas concedidas. Despois de varias sentenzas do Tribunal Xeral da Unión Europea nas que confirmaba a decisión da Comisión, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou sentenza hoxe sobre os recursos de casación presentados por España e varias Comunidades Autónomas e operadores de televisión dixital terrestre, entre eles a Comunidade Autónoma de Galicia e Retegal, o operador público galego. 

Nas sentenzas ditadas hoxe, o Tribunal de Xustiza desestima os recursos de casación interpostos por España, Comunidade Autónoma do Pais Vasco e Itelazpi,  Comunidade Autónoma de Cataluña e CTTI, Navarra de Servicios y Tecnologías e Cellnex Telecom  e Retevisión I.

Por outra banda, a sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza para o recurso de casación presentado pola Comunidade Autónoma de Galicia e Retegal, anula a Decisión 2014/489/UE de la Comisión, de 19 de junio de 2013, relativa a la ayuda estatal SA.28599, por insuficiencia de motivación, polo que España non terá que recuperar as axudas concedidas.

Acceder á nota de prensa:

https://curia.europa.eu/jcms/upload/docs/application/pdf/2017-12/cp170142es.pdf