“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

O Goberno retrasa 3 meses a liberación do dividendo dixital

26/12/14 - O Consello de Ministros aprobou hoxe a ampliación do prazo máximo para a liberación do dividendo dixital mediante un Real decreto-lei, de xeito que as canles de Televisión Dixital Terrestre (TDT) poden continuar a súa emisión simultánea en varias frecuencias para que os cidadáns que aínda non adaptasen a súa antena colectiva non perdan canles mentres se completa o proceso de adaptación que segundo os colectivos de antenistas acumula retrasos por distintos motivos.

Deste xeito, as frecuencias que se supoñía que o 1 de xaneiro quedarían libres de sinais televisivos para pasar a empregarse por operadores de telecomunicacións para ofrecer telefonía móbil 4G continuarán ocupadas até, como máximo, marzo de 2015, data que consideran máis que suficiente como prórroga do proceso de reantenización, desmentíndose así as declaracións previas do ministro Soria, que estimaba que o procedemento adiaríase como máximo até o 30 de xaneiro ou o 15 de febreiro.

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo considera que a finais de marzo de 2015 o 81% dos edificios xa estarán adaptados, datos que poderían mellorar, pois é posible que a estimación de edificios que precisasen adaptación podería ser inferior á estimada.

Para compensar aos operadores de telefonía móbil titulares das concesións na banda dos 790 MHz a 862 MHz (o chamado dividendo dixital) recibirán unha compensación polo adiamento da liberación das frecuencias, que en vez de ser económica, será mediante a ampliación da concesión en 1,27 días por cada día de retraso na liberación do dividendo dixital.

Ampliar información –
http://codigocero.com/O-Goberno-retrasa-3-meses-a

Fonte –
http://codigocero.com/