“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A TDT contará con cinco novas canles no 2015

16/12/14 - O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, confirmou que o Goberno sacará a concurso cinco canles de Televisión Dixital Terrestre, catro en formato de alta definición (HD) e un en formato estándar. Durante a súa intervención nun almorzo informativo de Europa Press, Soria explicou que teñen seis meses para convocar unha «poxa, concurso ou procedemento».

O ministro tamén recordou a sentenza do Supremo que obrigou a pechar o pasado mes de maio nove canles de TDT por non adxudicarse conforme á Lei Xeral Audiovisual e que, segundo explicou, xerou atrasos na adaptación ao dividendo dixital. O plan aprobado o pasado mes de setembro paraadaptarse ao dividendo dixital, que entra en vigor o 1 de xaneiro de 2015, obriga ás televisións a mudar as súas canles de TDT da banda dos 800 mhz á de 700 mhz para que a primeira sexa ocupada pola tecnoloxía 4G móbil.

O Executivo deseñou un plan no que os operadores de televisión pasaban a contar con oito múltiplex fronte aos dez cos que contaban ata o momento. As televisións privadas pasaban de seis a cinco múltiplex e as comunidades autónomas quedaban cun fronte aos dous previos. Mentres, RTVE que tiña dous múltiples, pasaba a ter un e medio.

A previsión do Executivo era sacar a concurso un múltiplex e un terzo doutro múltiplex, pero se descoñecía o número exacto de canles en función de se estes se sacaban a concurso en formato de alta definición ou en formato estándar. Deste xeito, Soria concretou que serán catro canles na alta definición e un en estándar os que sairán a concurso.

Ampliar información –
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2014/12/16/tdt-contara-cinco-nuevos-canales-2015/00031418732781084323616.htm

Fonte –
http://www.lavozdegalicia.es/