“Usamos cookies propias e de terceiros para fines estatísticos, análise de uso e medición da nosa páxina web. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.”

Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso

Acepto

Compartir

A liberación do Dividendo culminará o primeiro día de ano abranguendo a todos os fogares galegos

05/12/14 - Como lembraremos, a liberación do Dividendo Dixital é o proceso polo cal se deixa ceibe e despexada a banda de frecuencias de 800 MHz (canles 60-69, empregadas até o de agora para a difusión de canles da Televisión Dixital Terrestre) co fin de dar acubillo ao despregamento de servizos avanzados de comunicacións en mobilidade (4G) a partir de 1 de xaneiro de 2015. A liberación non afecta só ao territorio estatal. De feito, é un proceso que se leva a cabo de xeito harmonizado a nivel europeo, sendo a data límite o devandito primeiro día do ano vindeiro. Este proceso, segundo informa o operador público galego Retegal, está a afectar a todos os fogares galegos. Para comezar, as canles de TVE trasládanse ás novas frecuencias en toda a nosa xeografía, sendo preciso adaptar as antenas e resintonizar en varios intres do proceso.

Volvendo aos detalles técnicos da liberación do Dividendo, sinalar que a efectos prácticos ten unha primeira consecuencia directa: aquelas canles de TDT que empregaban até o de agora frecuencias emprazadas na banda a liberar (790-862 MHz) sitúanse noutras frecuencias, polo que para manter a continuidade da recepción das canles é preciso dar unha serie de pasos. O primeiro, facer as adaptacións técnicas precisas nos centros emisores por parte dos radiodifusores e operadores involucrados. O segundo aféctanos de cheo, e consiste nunha resintonización dos nosos receptores. O terceiro implica ás comunidades de propietarios que empreguen antenas colectivas, xeralmente en edificios de máis de tres vivendas, que deben poñerse en contacto cos seus instaladores de telecomunicacións para facer os axustes precisos nesas antenas colectivas. De todo isto están exentos os fogares que reciben a TDT a través doutras tecnoloxías, por exemplo satélite.
Polo que respecta á nosa terra, como dixemos a liberación do Dividendo ten incidencia directa en todos os fogares. Alén da necesidade de trasladar as canles da TVE ás novas frecuencias (o que nos obriga a adaptar as nosas antenas e resintonizar os aparellos en varios intres do proceso), cómpre sinalar que aquí tamén, en Galicia, as canles estatais privadas están a ser obxecto deste proceso de reasignación.

Ampliar información –
http://codigocero.com/A-liberacion-do-Dividendo

Fonte –
http://codigocero.com/